O PSdeG presenta en Lugo "a candidatura da xente e das oportunidades"

O PSdeG presenta en Lugo "a candidatura da xente e das oportunidades"

O PSdeG presenta en Lugo "a candidatura da xente e das oportunidades"

O PSdeG-PSOE de Lugo presentou a súa lista de candidatos ás eleccións nun acto que destacou pola unión e a representación de todos os estamentos do partido provincial, que arrouparon a candidatura feita “por e para Lugo” e que será “a candidatura da xente, dos pensionistas, os autónomos, os estudantes e da igualdade de oportunidades, que hoxe está amenazada”, segundo a definiu José Ramón Gómez Besteiro. O secretario xeral na provincia incidiu en que “Galicia necesita o cambio, que é máis importante e necesario que nunca”, fronte á “axenda oculta do PP” que “dá a espalda a Lugo e crea una sociedade só para unha pouca xente”. Besteiro destacou tamén que “á a candidatura que loitará para que haxa unha solución para Alcoa e que se alegrará cando se produza”.

Na mesma liña se pronunciou a número un da candidatura, Concepción Burgo, da que Besteiro recoñeceu estar “orgulloso, igual que de toda a lista, que é o mellor do partido na provincia”. Burgo asegurou que os candidatos por Lugo queren “falar coa xente, porque as cousas non teñen por que ser como son”, e referiuse a Feijóo como “un presidente que nunca exerceu de presidente. Exerceu de contable e por riba non lle saen as contas”, aseverou. A socialista incidiu en que Feijóo “sempre mirou para outro lado con Lugo” e amosou a súa preocupación pola continua despoboación no rural. “Non temos futuro se non poñemos freo a esa perda de poboación, e que mellor maneira de botar a xente do rural que pechando escolas”, asegurou.

Pensionistas, parados e mulleres

Burgo referiuse aos 120.000 pensionistas galegos ou os 27.000 parados lucenses, cun crecemento do desemprego do 32% na candidatura de Feijóo, ademais de preocuparse especialmente polas mulleres, “que sofren unha dobre crise, porque queren retirar os servizos públicos e que as mulleres volvan para casa”, dixo. “Non estamos dispostos a dar pasos atrás na igualdade”, destacou Burgo, que fixo referencia ao adianto electoral como “o xeito de tapar o que vai facer Rajoy despois das eleccións”.

Burgo insistiu en que o cambio hai que conseguilo “entre todos, como unha piña” e en que “é a política con maiúsculas o que pode cambiar o país”. Tamén o presidente do PSdeG, José López Orozco, falou da “candidatura do cambio e da solidariedade fronte aos que só saben falar de recortes”, para “devolverlle a esperanza e a ilusión a Galicia”. Orozco apostou por que “acabe dunha vez a mentira e a palabra que non di nada por unha de compromiso” con todos os cidadáns. “A solución está aquí, non na dereita”, rematou.

A candidatura provincial do PSdeG-PSOE por Lugo, que foi aprobada por unanimidade, estivo arroupada no acto polo deputado no Congreso José Blanco, o senador Ricardo Varela, deputados autonómicos, alcaldes e membros das executivas local e provincial do partido. A lista destaca pola súa absoluta renovación, cun 80% de caras novas, a grande experiencia política, formación e dilatada traxectoria profesional dos candidatos. Ademáis a lista, encabezada por unha muller, ten maioría feminina, con oito mulleres e sete homes.

Nela están representadas ademais todas as comarcas: : Lugo, A Mariña, Zona Sur, Terra Chá, A Ulloa e A Montaña, nunha clara aposta pola cercanía aos cidadáns, o equilibrio territorial e a atención a todos os sectores da poboación.

A candidatura responde ao compromiso do secretario xeral do partido na provincia, José Ramón Gómez Besteiro, de renovar, “mover banquillo”, e consolida a apertura dunha nova etapa no PSOE de Lugo que acenda o motor do cambio na Xunta. O obxectivo é abrirlle as portas do futuro á provincia, a máis castigada polo actual goberno autonómico, e implantar o modelo das conquistas sociais e os servizos públicos, desterrado pola neodereita de Feijóo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar