O PSdeG presenta a campaña electoral baixo o lema: "É o momento. Galicia decide"

O PSdeG presenta a campaña electoral baixo o lema: "É o momento. Galicia decide"

O PSdeG presenta a campaña electoral baixo o lema: "É o momento. Galicia decide"

O coordinador da campaña electoral do PSdeG, Pablo García, presentou a campaña dos socialistas galegos que baixo o lema “É o momento. Galicia decide”, busca ofrecer aos cidadáns “a oportunidade dun cambio de rumbo fronte ao horizonte de recesión e sufrimento ao que nos abocan as políticas do PP”.

García explicou que o lema desta campaña inclúe a expresión “é o momento” que foia mesma que o candidato Pachi Vázquez empregou cando se presentou por primeira vez á alcaldía do Carballiño; e “Galicia decide” porque realmente o vindeiro 21 de outubro os galegos e galegas non só deciden o futuro de Galicia “senón tamén que o Goberno central teña que recuar nas súas políticas”.

O responsable socialista subliñou así que “os galegos e galegas deciden o día 21 se defenden a sanidade e a educación públicas, eliminar o copago sanitario e recuperar a gratuidade dos libros de texto, como propón o PSdeG, ou continuar coas políticas de recorte e mentiras que nos ofrece o PP”.

García adiantou así que a campaña do PSdeG estará baseada na “ilusión do cambio, no contacto directo coa xente e na presenza nas rúas de todos os candidatos e candidatas para explicar as nosas propostas”. Estas propostas, recollidas no programa electoral do PSdeG, inclúen as medidas urxentes que os socialistas adoptarán nos primeiros cen días de Goberno.

Verdade

“Queremos facer da verdade o noso bastión, da xustiza o noso compromiso, e de Galicia a nosa paixón; porque cremos neste país e cremos que sairemos adiante todos xuntos”, proclamou. “Os socialistas galegos preferimos perder un puñado de votos que gañar as eleccións en base a unha mentira”, afirmou, lembrando que este é o principal argumento do candidato Pachi Vázquez.

García adiantou que o candidato, Pachi Vázquez, participarán en preto de 60 actos de campaña, cunha media de catro actos diarios, aos que se sumará a intensa mobilización provincial, cunha media de catro actos diarios nos que participarán os principais cabezas de lista.

García tamén valorou que “despois de 19 anos, os galegos e galegas poderán desfrutar de debates electorais entre os principais candidatos” e lembrou que “será posible aínda a costa do PP, que só puxo atrancos”. “Finalmente haberá debate non porque Feijóo quixera, senón porque os socialistas quixemos”, remachou.

Salientou así mesmo a labor de mobilización que realizarán as Xuventudes Socialistas para achegar as propostas de futuro do PSdeG á mocidade; ademais da importante presenza nas redes sociais “tanto para escoitar como para espallar as nosas propostas”.

Por último, García salientou que Pachi Vázquez contará co apoio e presenza de cargos do PSOE nesta campaña, entre eles o secretario xeral, Alfredo Pérez Rubalcaba, “fronte a un PP que pretende esconder a Rajoy e incluso renega del todos os días”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar