O PSdeG pregunta no Parlamento polo peche do Centro de Menores de Montealegre en Ourense

O PSdeG pregunta no Parlamento polo peche do Centro de Menores de Montealegre en Ourense

O PSdeG pregunta no Parlamento polo peche do Centro de Menores de Montealegre en Ourense

O Grupo Parlamentario Socialista presentou unha batería de preguntas para a súa resposta oral en comisión sobre o peche do centro público de Menores de Montealegre e como se vai a cubrir o servizo de atención e educación dos menores.

O deputado Pablo Xabier López Vidal sinala que a documentación da Xunta anuncia con absoluta claridade o cese de actividade deste centro público por unha serie de circunstancias de carácter material, e que logo dunha enumeración de carencias proponse o traslado dos menores ao centro A Carballeira.

Así, os socialistas preguntan se o centro da Carballeira reúne as características precisas para prestar unha atención singular aos menores en situación de desprotección.

Ademais preguntan que uso se lle dará ás instalacións de Montealegre, se serán tamén privatizadas, e se existe unha partida consignada nos vixentes orzamentos para proceder á súa remodelación integral.

Por último, e tendo en conta que as centrais sindicais teñen constancia dunha proposta de modificación da relación de postos de traballo que afecta directamente ao actual complexo de menores de Montealegre, preguntan que vai acontecer co persoal adscrito a este centro público que se vai desmantelar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar