O PSdeG pon a pleno rendemento a súa maquinaria electoral

O PSdeG pon a pleno rendemento a súa maquinaria electoral

O PSdeG pon a pleno rendemento a súa maquinaria electoral

O PSdeG-PSOE pon a pleno rendemento a súa maquinaria electoral intensificando a actividade con 22 actos esta fin de semana en diversos concellos galegos. Así o avanzou o secretario de Organización, Pablo García, antes da xuntanza da Comisión Nacional de Listas que tivo lugar na sede socialista.

García destacou que dende que arrancou o proceso de elección de candidatos, o pasado mes de marzo, o PSdeG celebrou 129 actos de presentación de candidatos e candidaturas e para a elaboración do seu programa.

Salientou que a pasada fin de semana os socialistas galegos desenvolveron 10 actos en toda Galicia, mentres que esta celebrará outros 22 “cunha fin de semana intensa e completa, plenamente adicada ás eleccións municipais” e que incluirá a participación do secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, os ministros galegos José Blanco e Francisco Caamaño, o eurodiputado Antolín Sánchez Presedo, a portavoz do PSdeG, Mar Barcón, o secretario de Organización, Pablo García, ademais de deputados autonómicos e nacionais.

Así, os actos centrais desta fin de semana iniciaranse hoxe coa presentación da candidatura da Coruña, na que participarán José Blanco e Pachi Vázquez; a de Betanzos, con Francisco Caamaño e Antolín Sánchez Presedo; ou a presentación da candidatura da Pobra, con Lage Tuñas e Elena Espinosa, ademais da presentación das candidaturas de Fisterra e Taboada.

Mañá sábado, Pachi Vázquez presentará ao candidato de Carballo, mentres Francisco Caamaño presentará en Zas aos candidatos comarcais da Costa da Morte e José Blanco e Pablo García a candidatura de As Pontes. Pola tarde, Pachi Vázquez e José Blanco presentarán tamén a candidatura de Vilagarcía, e posteriormente o secretario Xeral do PSdeG presentará a da Estrada. Ademais destes actos, desenvolveranse as presentacións de candidatos en Narón, Ortigueira, Leiro, Barreiros, Cotobade, Negueira de Muñiz e Marín.

O domingo, Pachi Vázquez e José Blanco participarán na presentación dos candidatos e candidatas dos concellos que integran o partido xudicial de Lugo. Ademais José Blanco presentará a candidatura de Castro de Rei e Francisco Caamaño fará o propio en Muros, mentres Mar Barcón presentará a candidatura de Mugardos.

García anunciou que esta actividade intensificarase a vindeira semana, na que o PSdeG ten previsto desenvolver en torno a 50 actos en concellos das catro provincias.

O secretario de Organización do PSdeG avanzou que a día de hoxe os socialistas galegos teñen xa pechadas o 98 por cento das candidaturas, que inclúen a 109 novos candidatos e candidatas, o que supón unha renovación do 38 por cento. Destacou ademais a inclusión de 61 mulleres como candidatas á alcaldía, o que representa un 22 por cento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar