O PSdeG pídelle á Xunta a que se dirixa a Facenda para parar o cobro de impostos pola dación en pago en Galicia

O PSdeG pídelle á Xunta a que se dirixa a Facenda para parar o cobro de impostos pola dación en pago en Galicia

O PSdeG pídelle á Xunta a que se dirixa a Facenda para parar o cobro de impostos pola dación en pago en Galicia

Sánchez Bugallo sinala que entre 600 e 700 familias galegas reciben facturas de ata 12.000 euros por unha “ficción contable” no proceso de entrega do piso

O portavoz de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, reclamoulle hoxe ao goberno galego que se dirixa á Axencia Tributaria para que pare co cobro de impostos derivados da dación en pago ás familias galegas que teñen que entregar o seu piso porque non teñen recursos.

No debate dunha pregunta oral en Comisión parlamentaria, Sánchez Bugallo explicou que en Galicia hai entre 600 e 700 familias que se acolleron en 2013 ao Real Decreto 6/2012, que regula a dación en pago, e que agora teñen que afrontar unha débeda que en ocasións ascende ata os 12.000 euros por mor dunha “ficción contable”.

Explicou que a Axencia Tributaria toma a cancelación da débeda total, independentemente de que a hipoteca fora concedida por enriba do valor do piso, súmalle os xuros e os custes da cancelación da hipoteca e interpreta a diferenza como beneficio, independentemente de que as familias teñan que entregar o piso por non poder pagar a hipoteca.

Reclamoulle ao goberno galego que “contemple que cando a cancelación da débeda derive dunha dación en pago se entenda que tanto che debo, douche o que teño”, sen maior custe para o afectado.

Lembrou que de acordo coa normativa actual, os únicos exentos de pagar o tributo son as unidades familiares nas que ningún dos seus membros obteñan ingresos ou que a cota hipotecaria resulte superior ao 60 por cento das retribucións netas obtidas pola familia.

Tamén se lles esixe que carezan doutros bens ou dereitos patrimoniais, que non se presentaran avais e que a hipoteca fora concedida para unha única vivenda en propiedade do debedor.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar