O PSdeG pide un plan de compensación para os afectados polos lumes da provincia de Ourense

O PSdeG pide un plan de compensación para os afectados polos lumes da provincia de Ourense

O PSdeG pide un plan de compensación para os afectados polos lumes da provincia de Ourense

 

Os candidatos socialistas ao Congreso e ao Senado pola provincia de Ourense, Laura Seara e Miguel Fidalgo, pediron hoxe un plan de compensación polos danos causados polos lumes dos pasados días, “o auténtico Prestige  da provincia de Ourense”.

 

Os candidatos visitaron hoxe unha das zonas afectadas polos lumes en Piñor, coa Comisión de Seguimento de Lumes do PSdeG provincial, encabezada pola secretaria de Medio Rural provincial e concelleira en Piñor, Sandra Rodríguez,  e o alcalde, Francisco Fraga Civeira.

 

Seara afirmou que “a este goberno lle sobrou soberbia e lle faltou eficacia”, que “chegaron tarde a apagar os lumes” pese as previsións meteorolóxicas para este outono.

 

“O que non queremos e que tamén cheguen tarde a axudar aos Concellos, a axudar ás persoas que se viron soas durante esta tremenda vaga de incendios que arrasou unha cifra inaudita de hectáreas”, dixo.

 

Seara dixo que é incomprensible que cando o Goberno de España ten a catro Ministerios implicados nos labores de extinción de incendios na nosa provincia, Presidencia, Defensa, Interior e Medio Ambiente, Rural e Marino, a Xunta non teña anunciada a constitución dun gabinete de crise, “un gabinete de crise que nin está nin se lle espera”, e que tiña que estar constituído hai máis de quince días.

 

Así, lembrou que a UME ten depregados na provincia de Ourense 850 efectivos, hai 180 brigadas de reforzo desprazadas, 20 medios aéreos, e 189 vehículos do goberno do estado.

 

Tamén apuntou que seguen sen controlar lumes en Montederramo, Vilariño, Laza, Os Blancos, A Veiga. De feito, Seara indicou que “non ardeu máis, senón que non se apagaron ben os lumes, porque non había operativo suficiente para apagar esos lumes”.

 

De feito, na pasada fin de semana houbo 219 incendios, e entre o 1 e o 4 de agosto de 2006 houbo 249 incendios. No mesmo período de 2004 houbo 437 incendios, en 2003 houbo 295, e en 1999 houbo 370.

 

Seara explicou que este gabinete de crise non está só para apagar os lumes, senón que ten que estar para o grave problema de escorrentías que se aveciñan coas choivas, avaliar os danos provocados e avaliar as indemnizacións dos afectados, para o que pediu unha reunión da Xunta coa FEGAMP.

 

“Non comprendemos como ao Sr. Feijóo sempre lle pillan os problemas que ten o país fóra e moi lonxe de Galicia”, apuntou, ao que engadiu que “o Partido Socialista volve a dar de novo a man ao Goberno da Xunta, o fixo o Goberno de España e o fai o PSdeG, porque o que nos interesa é que se apaguen os lumes e que os veciños teñan canto antes as indemnizacións e a avaliación dos danos”.

 

Seara lembrou que no 2006 Feijóo afirmaba nunha entrevista que o Prestige fora un accidente e que os incendios eran unha catástrofe debida á soberbia da Xunta, e que Galicia se estaba calcinando mentres a Xunta estaba de vacacións, polo que esperaba que Touriño pedira responsabilidades no Consello da Xunta.

 

Así, dixo que os socialistas tamén esperan que “Feijóo asuma a súa responsabilidade e dea a cara”, ao que engadiu que “a memoria é un ben moi querido e que a desmemoria é un monstro cargado de ingratitude”.

 

O senador e candidato Miguel Fidalgo sinalou que este non é só un problema de incendiarios, senón de falta de medios da Xunta para extinguir os lumes, e “a provincia de Ourense está sufrindo neste mes de outubro o Prestige dos seus montes”.

 

“Este ano chegou a marea negra aos montes da provincia de Ourense”, lamentou, o que aduciu a un profundo menosprezo do rural por parte de Feijóo, para quen dixo “a provincia de Ourense é un tema menor”.

 

Tamén denunciou a ocultación de datos por parte da Xunta de Galicia, que está reducindo o número de hectáreas queimadas á cuarta parte.

 

Fidalgo explicou que está ardendo “o noso petróleo”, que son os nos espazos naturais de especial protección, e que “mentres o exército leva 20 días vivindo na provincia de Ourense, as brigadas da Xunta estaban apuntándose nas listas do paro, e Feijóo na Arxentina pedindo votos”.

 

O senador fixo un aparte para Rogelio Martínez, o delegado da Xunta “que marchou ao Berbabeu a ver o Real Madrid. “Eso é de cese fulminante”, dixo, e recordou que son as mesmas actitudes do PP de cando tivo lugar a crise do Prestige.

 

Por último dixo que se Feijóo non o cesa é porque ten que tapar a súa propia vergonza de non ter pisado a provincia de Ourense en 20 días, e  que se Pachi Vázquez fora o presidente da Xunta houbera estado o 1 de outubro ao fronte dun dispositivo para parar os lumes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar