O PSdeG pide que o Goberno “intensifique o esforzo” para a integración laboral dos discapacitados despois do “dobre recorte” de axudas da dereita

O PSdeG pide que o Goberno “intensifique o esforzo” para a integración laboral dos discapacitados despois do “dobre recorte” de axudas da dereita

O PSdeG pide que o Goberno “intensifique o esforzo” para a integración laboral dos discapacitados despois do “dobre recorte” de axudas da dereita

Laura Seara lembra que en Galicia hai case 14.500 persoas con discapacidade demandantes de emprego, afectadas polo recorte dun 56% menos de fondos para a inserción no traballo e a baixada dun 25% de cobertura do seu salario

Os socialistas presentaron en Ourense varias iniciativas que levarán ao Congreso e propostas do partido para “garantir a igualdade e ser unha sociedade decente” ante o modelo do PP, “que normaliza a desigualdade”, na véspera do Día Internacional da Discapacidade

A deputada e voceira de Discapacidade no Congreso, Laura Seara, e a secretaria de Discapacidade da Executiva do PSdeG, Irene Dacal, reuníronse esta mañá en Ourense cuns 30 representantes de asociacións e agrupacións do sector na véspera do Día Internacional da Discapacidade. As socialistas criticaron “a baixada dun 37% nos Orzamentos do Estado en política social e os cero euros para o Plan de Discapacidade”, cifras “moi graves” ante un problema que afecta a máis do 9% da poboación galega, 222.597 persoas, con ademais “case 14.500 persoas con discapacidade demandantes de emprego” na comunidade, segundo datos do inicio de ano. Ante isto, piden “que o Goberno intensifique o esforzo para a integración laboral” na actual crise despois de ter realizado “un dobre recorte” neste eido cun 56% menos de axudas e coa cobertura de só o 50% do salario mínimo destes traballadores fronte ao 75% sufragado ata agora.

Seara reclamou “a igualdade como un principio esencial” e estableceu como “unha prioridade asegurar a todos os cidadáns unhas condicións de vida dignas, para ser unha sociedade decente”, nunha mesa na que tamén estaban Aitor Bouza, secretario xeral de XSG, María Devesa, secretaria de política social do PSdeG na provincia e Candi Pérez, responsable do grupo sociosanitario do partido en Ourense. Os “recortes do PP en políticas sociais coa crise como escusa”, dixo a deputada, levan a que “a dereita queira impoñer un modelo de sociedade que normaliza a desigualdade e elimina as oportunidades de integración”, ademais de “impedir aproveitar o seu potencial para o desenvolvemento social e económico do noso país”, o que converte a sociedade galega en “máis inxusta, desigual e empobrecida”.

Iniciativas no Congreso e propostas

Seara lembrou que o PSOE sempre estivo á vangarda europea na loita contra as discriminacións e presentou ante os colectivos presentes varias proposicións non de lei que os socialistas levarán ao Congreso para mudar a actual situación, ademais de destacar os múltiples avances acadados polo PSOE “que agora están en perigo”. Ademais destas iniciativas, os socialistas propoñen retomar o proxecto de Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación posta en marcha en 2011 e comprométense co desenvolvemento da lei de adaptación normativa á convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade ou da lei que recoñece e regula as linguas de signos. Os socialistas piden tamén “a posta en marcha dun verdadeiro plan integral de atención ás persoas con discapacidade e as súas familias, cun enfoque transversal”.

Desde o partido reivindican o “dereito a unha educación inclusiva e especializada” e poñen o acento na necesidade de “garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade”. Neste senso, reclaman a posta en marcha dunha lei de emprego para este colectivo, porque “é canle fundamental para acadar a súa plena integración”, e “o Goberno debe intensificar este esforzo” na actual etapa de crise que vivimos.

Ante isto, os socialistas denuncian “un dobre recorte á inserción laboral dos discapacitados” nos Orzamentos do ano pasado, xa que “por un lado recórtase o 56% das axudas destinadas a encontrarlles un traballo, e por outro, o Goberno só pagará o 50% do salario mínimo destes empregados”, cando ata agora cubría o 75%. Laura Seara contrapuxo a realidade actual ás políticas do goberno socialista, co que o emprego das persoas con discapacidade aumentou un 10% e houbo máis de 200.000 contratacións en España grazas á estratexia global 2008-2012, cun 5% das prazas reservadas no ámbito da administración pública.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar