O PSdeG pide o voto “para que Europa recupere a igualdade e o benestar, deixando atrás unha dereita que rescata os bancos e non as persoas”

O PSdeG pide o voto “para que Europa recupere a igualdade e o benestar, deixando atrás unha dereita que rescata os bancos e non as persoas”

O PSdeG pide o voto “para que Europa recupere a igualdade e o benestar, deixando atrás unha dereita que rescata os bancos e non as persoas”

“O Partido dos Socialistas de Galicia e os partidos socialdemócratas europeos estamos unidos para levar un cambio de política á Comisión que remate coa fenda entre países ricos e pobres”, asegura Besteiro

O candidato José Blanco afirma que “hai que rebelarse. Se queremos cambiar Europa, se queremos máis emprego, máis dereitos, máis benestar, só hai un camiño, o das urnas. O voto ao Partido Socialista”

Os socialistas galegos abriron esta noite en Vigo a campaña para as eleccións europeas cun acto coa tradicional pegada de carteis, no que pediron o seu voto aos cidadáns “para recuperar a igualdade e o benestar, deixando atrás unha dereita que rescata os bancos e non as persoas”.

No acto, na praza da Constitución de Vigo, interviron José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG; José Blanco, candidato dos socialistas galegos ao Parlamento Europeo; Abel Caballero, alcalde de Vigo, e Carmela Silva, da Executiva Federal do PSOE.

“O voto nestas eleccións ten que ser unha mensaxe clara de rexeitamento á dereita cómplice e causante en Galicia, en España e en Europa da política de austeridade que só trouxo máis paro, máis endebedamento e máis incerteza para milleiros de familias que apenas poden chegar a fin de mes”, manifestou Besteiro.

O secretario xeral do PSdeG afirmou que “o Partido dos Socialistas de Galicia e todos os partidos socialdemócratas europeos estamos unidos para levar un cambio de política á Comisión que remate coa fenda entre países ricos e pobres que está a auspiciar a dereita”.

“Hai dúas opcións: votar á dereita para que todos sigamos perdendo como traballadores, como país e como sociedade; ou votar a esquerda de goberno que representamos os socialistas europeos e que nos permita volver a recuperar o noso futuro dos noso fillos”, dixo Besteiro.

En opinión do líder dos socialistas galegos, “hoxe ábrese un período decisivo no que temos que escoller entre reclamar o que sempre foi noso como propoñemos os socialistas ou deixar que nolo quiten como está disposto a asumir a dereita de Mariano Rajoy e Núñez Feijóo”.

“Imos a traballar esta campaña con forza, ilusión e convicción de cambio para que todos deixemos de perder como cidadáns e comecemos a gañar como sociedade”, rematou.

“Hai que rebelarse”, sostén José Blanco
Na súa intervención, o candidato socialista José Blanco chamou a “vencer a resignación” e reclamou “afán de superación” para cambiar o rumbo de Europa o 25 de maio. Blanco demandou a máxima mobilización da cidadanía porque, dixo, “non basta con indignarse”, xa que a indignación non cambia gobernos nin a abstención cambia as políticas.

O candidato socialista cargou contra a maioría conservadora que goberna Europa e España pois decidiu “priorizar o déficit e non o benestar”, “rescatar os bancos e non as persoas”, “apostar pola austeridade e non polo crecemento”. Para Blanco, a dereita “abrazou a austeridade e está asfixiando aos cidadáns” con recortes que só están a provocar “máis paro, máis precariedade, máis desigualdade”.

“Non podemos dar un cheque en branco a quen está destruíndo a xustiza social e a igualdade de oportunidades”, censurou o candidato socialista, quen advertiu que o PP “esconde máis recortes” tras as eleccións. Por iso, chamou a “rebelarse” nas urnas para posibilitar “un xiro social” que fronte á austeridade, a precariedade e a inxustiza, defenda e pelexe polo crecemento, o emprego e a igualdade.

“Hai que rebelarse. E non hai rebelión más efectiva que o voto nas urnas o 25 de maio. Se queremos cambiar Europa, se queremos máis emprego, máis dereitos, máis benestar, só hai un camiño. O camiño das urnas. O voto ao Partido Socialista”, concluíu.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar