O PSdeG pide o “cese ou dimisión” do ministro de Educación

O PSdeG pide o “cese ou dimisión” do ministro de Educación

O PSdeG pide o “cese ou dimisión” do ministro de Educación

Vicente Docasar apela á “dignidade política e persoal” do ministro e reclama “unha nova persoa que sexa capaz de recuperar o respecto da comunidade educativa”

docasar-docasarO portavoz de Educación do Grupo Socialista e secretario de Educación da Executiva do PSdeG, Vicente Docasar, esixiu hoxe o “cese ou dimisión do ministro de Educación” do goberno central. O responsable socialista secundou hoxe a petición formulada tamén dende o PSOE para reclamar “unha nova persoa capaz de recuperar o respecto da comunidade educativa”.

O responsable socialista dixo que o titular da carteira de educación debe presentar a súa dimisión “se aínda lle queda un ápice de dignidade política e persoal” ou, do contrario, debe ser o propio presidente do goberno quen o cese “de maneira inmediata”. Advertiu que Wert “leva dende o inicio do seu mandato no cargo incendiando un día si e outro tamén á comunidade educativa deste país”.

Sinalou que o último lamentable episodio, o da supresión das bolsas Erasmus, demostra a súa “actitude altiva, chulesca e prepotente” ao cambiar, ás agachadas, a normativa para a concesión das axudas cando xa foran concedidas, en pleno curso escolar e cos rapaces e rapazas distribuídos polos diferentes países de Europa.

Explicou que “na mesma mañá de onte, o ministro xustificaba en diferentes medios de comunicación a súa postura en favor desa modificación, mentres que pola tarde víase obrigado a rectificar pola presión social que se estaba a producir”. Sinalou que a presión dos alumnos e alumnas afectados, das forzas políticas e sindicais, do seu propio partido e mesmo do Consello de Europa obrigaron a rectificar a decisión.

Docasar advirte que o ministro “non conta co respecto da comunidade educativa deste país, nin do profesorado, nin do alumnado, nin das familias, os sindicatos ou as forzas políticas”. Sinala que “o ministro non pode manterse no cargo tan só co apoio do seu amigo Rajoy, que o puxo no cargo para poñer patas arriba ao sistema educativo seguindo os ditados da Conferencia Episcopal, a fundación Faes e as patronais do ensino privado”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar