O PSdeG pide o amparo da presidenta do Parlamento para que a Comisión de Investigación das caixas se debata no pleno

O PSdeG pide o amparo da presidenta do Parlamento para que a Comisión de Investigación das caixas se debata no pleno

O PSdeG pide o amparo da presidenta do Parlamento para que a Comisión de Investigación das caixas se debata no pleno

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, anunciou a presentación dun recurso de amparo á presidenta do Parlamento para que inclúa na orde do día do Pleno da próxima semana –“ou no inmediato seguinte”- o debate da Comisión de Investigación sobre as caixas que foi onte vetada polo PP.

Caride considera “inaudito, sorprendente e escandaloso” que o portavoz do PP se teña negado sequera a incluír este debate na orde do día malia contar con tódolos requisitos procedimentais necesarios. Así, advertiu que o portavoz do PP mesmo vetou o debate ata o mes de outubro malia ter sido presentado en tempo e polos 25 deputados socialistas, mais da quinta parte que establece o Regulamento da Cámara.

A responsable socialista desafiou ao PP a que “se retraten no Pleno do Parlamento e voten diante do Pleno” esta proposta e dirixiuse á presidenta do Parlamento” lembrándolle que é “a presidenta de tódolos grupos parlamentarios” e que a súa tarefa consiste en “velar polo funcionamento da Cámara e non obstaculizala atendendo a criterios de oportunidade política”.

Acusou ao PP de “agocharse” ata o mes de outubro, o que virtualmente supón aprazar este debate ata a próxima lexislatura, logo de que en novembro anunciaran o seu apoio á creación desta Comisión de Investigación a partir do mes de decembro. Dixo que “non queren dar conta da situación de NGB nin da obra social das caixas malia que anuncian un ERE de 750 traballadores, o peche de 150 sucursais ou que non hai recursos para a obra social.

Criticou que renuncien a dar a cara diante dos milleiros de cidadáns galegos que ven cómo os exdirectivos aínda non devolveron as indemnizacións millonarias mentres teñen 1.100 millóns de euros bloqueados nas participacións preferentes de milleiros de pequenos aforradores “que non teñen idea do que vai acontecer cos seus aforros”.

Incorporación automática

Caride sinalou que “nunca sucedera” un veto destas características, e lembrou que na pasada lexislatura tódalas solicitudes de petición de Comisión de Investigación foron debatidas no primeiro Pleno no que foi posible logo da súa presentación. Mesmo sinalou que entre 2005 e 2009 foron creadas tres comisións de investigación, mentres na presente lexislatura foron solicitadas 3 e todas desbotadas polo PP.

A responsable socialista lembrou tamén a proposta feita polo PP e rexistrada o 3 de outubro de 2007 para que en cada lexislatura fora posible constituír a lo menos dúas comisións de investigación a proposta da oposición “o que vai máis aló do que agora estamos pedindo”.

Índice de Produción Industrial

María José Caride salientou tamén os datos coñecidos hoxe sobre a caída do Índice de Produción Industrial –IPI- de Galicia, que confirma que “esta é a lexislatura do retroceso total da industria de Galicia”. Así, o IPI esta Comunidade Autónoma diminuíu en 2011 catro veces máis que o total de España, cunha caída do 7,1 fronte ao 1,8 rexistrado de media estatal.

Lembrou que mentres nos anos 2008 e 2009 o IPI caída en Galicia menos que na media estatal, dende o ano 2009 ata hoxe “rexistrouse unha perda de peso a pasos axigantados”.

Dixo que estes datos supoñen “a contrapartida” á caída do emprego coñecida na pasada semana, mentres o Igape ou a consellería de Economía e Industria permanecen “desaparecidas” en plena crise do naval ou co sector eólico paralizado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar