O PSdeG pide explicacións pola suba de salarios e creación de novos altos cargos na Deputación da Coruña mentres Feijóo “predica falso aforro para recortar democracia” no Parlamento

Os socialistas sinalan que a política de persoal deste órgano evidencia que o aforro de Feijóo “é en realidade unha tapadeira” para “tomar unha decisión ideolóxica” e pídenlle “responsabilidade, consenso e altura de miras”

A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, reclámalle ao presidente da Xunta que ofreza explicacións “claras e contundentes” polas creación de postos de novos altos cargos e a suba de salarios na Deputación de A Coruña, que segundo o interventor xeral da Deputación serían ilegais, como fan público hoxe os medios de comunicación. Os socialistas contrapoñen esta política coas decisións de Feijóo, que “predica un falso aforro para recortar democracia”, coa eliminación de deputados no Parlamento.

A responsable socialista sinala que a lucrativa política de persoal do organismo provincial evidencia que a suposta política de aforro defendida por Feijóo “en realidade é unha tapadeira para tomar unha decisión ideolóxica”, e pídelle “responsabilidade, consenso e altura de miras para unha reforma máis ampla”, á vez que lle lembra a proposta socialista de manter os 74 deputados actuais cos mesmos gastos que terían 61, “polo que non teñen escusa”.

Cancela sinala que os responsables do PP deben dar a cara para explicar esta decisión do presidente do ente coruñés, que lles subiu o salario a 25 dos seus cargos de confianza, dez deles de nova creación, en contra das advertencias da Intervención do órgano, que apunta que esta decisión vai en contra da legalidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar