O PSdeG pide explicacións a pesca pola supresión das gardas presenciais da tripulación do helicóptero de salvamento marítimo

O PSdeG pide explicacións a pesca pola supresión das gardas presenciais da tripulación do helicóptero de salvamento marítimo

O PSdeG, a través o seu portavoz de Pesca no Parlamento de Galicia, José Ramón Val, trasladou o pesar do todo o partido á familia de Mercedes Veiga Mosteiro, a percebeira que faleceu onte tras caer ao mar nunha zona limítrofe entre Baiona e Oia, na provincia de Pontevedra.

O portavoz socialista en materia de pesca pediulle, ademais, ao goberno galego celeridade na investigación para determinar as causas do retraso do helicóptero de Salvamento Marítimo, que segundo as primeiras informacións tardou 40 minutos en chegar ao lugar do suceso.

Ademais, Ramón Val considera imprescindible unha explicación inmediata por parte da Consellería de Pesca do motivo polo cal se suprimiron as gardas presenciais dos tripulantes do helicóptero en Peinador, implantadas polo goberno socialistas, e que na práctica se traducen en retrasos de media hora nas operacións de salvamento.

“En situacións deste tipo, unha diferenza de media hora resulta decisiva para o éxito ou fracaso dunha operación de salvamento”, sentenciou Val tras lembrar que neste caso concreto o helicóptero tardou 40 minutos en chegar.

O portavoz de Pesca tamén lle replicou a Feijoo, ante as súas declaracións de hoxe, que a xente do mar traballa cando hai temporal, entre outras razóns, porque “foi el mesmo quen se encargou de eliminar o seguro de mal tempo, que lles garantía uns ingresos mínimos sen necesidade de saír ao mar en condicións meteorolóxicas adversas”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar