O PSdeG pide a demisión do delegado da Xunta en Ourense poa súa frivolidade ao marchar ao fútbol en plena vaga de lumes

O PSdeG pide a demisión do delegado da Xunta en Ourense poa súa frivolidade ao marchar ao fútbol en plena vaga de lumes

O PSdeG pide a demisión do delegado da Xunta en Ourense poa súa frivolidade ao marchar ao fútbol en plena vaga de lumes

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista José Manuel Lage Tuñas presentou unha Interpelación para que o conselleiro da Presidencia compareza na cámara galega “e explique si vai cesar ao Delegado Territorial de Ourense”.

O PSdeG-PSOE pide a dimisión do Delegado Territorial da Xunta en Ourense pola súa actitude “frívola e irresponsable” ao marchar da provincia de Ourense para ver un partido de fútbol en Madrid en plena ola de incendios. Lage Tuñas dixo que “mentres Ourense sufría unha grave ola de incendios, o Delegado territorial da Xunta estaba no Bernabeu aplaudindo os goles de Benzemá”.

“En plena ola de incendios na provincia de Ourense, o delegado territorial da Xunta abandonou as súas responsabilidades para acudir a un partido de fútlbol entre o Real Madrid e o Olympique de Lyon, recordando outras pasaxes recentes da historia política da autonomía galega como cando unha parte do goberno de Galicia acudían a unha xornada de caza ao tempo que o noso país vivía momentos tráxicos coa catástrofe do Prestige”.

José Manuel Lage demanda a comparecencia de Alfonso Rueda no Pazo do Hórreo e afirma que “deberá explicar neste parlamento que decisións ten tomado diante da actitude irresponsable e frívola adoptada polo Delegado Territorial da Xunta en Ourense”.

Dixo que “é imprescindible que se asuman responsabilidades políticas diante da tamaño despropósito, xa que de non facelo será o propio conselleiro da Presidencia o que asuma os feitos perpetrados polo propio Delegado Territorial da Xunta en Ourense”.

Lage Tuñas asegurou que ”Rueda converterase en cómplice si non cesa ao Delegado Territorial de Ourense despois de tamaño despropósito”. Engadiu tamén que “existe unha absoluta falta de respecto aos veciños e veciñas de toda a provincia de Ourense que tiñan que estar loitando cos seus propios medios diante duns incendios que puxeron en risco medios materias e a vida dunhas cuantas persoas”.

O deputado do PSdeG ve “moi grave” os feitos coñecidos hoxe e considera imprescindible “que se asuman responsabilidades políticas de inmediato”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar