O PSdeG personaráse xudicialmente na causa de Sogama

O PSdeG personaráse xudicialmente na causa de Sogama

O PSdeG personaráse xudicialmente na causa de Sogama

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista, Carmen Gallego anunciou que o PSdeG-PSOE ten previsto emprender accións legais na causa de SOGAMA. Ademais anunciou que rexistrou unha batería de iniciativas na Cámara Autonómica para reclamar explicacións sobre que esta pasando nesta Sociedade, e aseverou que dende fai dous anos “levamos reclamando información sobre este asunto e o Goberno de Feijoo esta negándoa constantemente”. Nese senso envioulle unha mensaxe ao presidente da Xunta: “deixe de darlle as costas ao Parlamento e empece a depurar responsabilidades”.

Gallego dixo que os feitos que se suceden en Sogama “son moi graves”, e reclamou responsabilidades políticas sobre a xestión da Consellería de Medio Ambiente, xa que que están encausados os imputados por influír na adxudicación de contratos.

A deputada socialista afirmou que ten información na que se pode constatar que tódalas mesas de contratación que se fixeron dende a chegada de Feijoo á Xunta “ foron constituídas de xeito ilegal”. E argumentou que SOGAMA ten unhas instruccións internas de contratación nas que consta que as mesas de contratación ten que participar nelas, cando menos un representante da Xunta (ou 2 segundo o caso), pero que nestes dous anos “non participou ningún representante da Xunta”. Engadiu que as mesas de contratación de Sogama non contaron con representantes da Comunidade Autónoma “polo tanto son ilegais”.

A portavoz socialista tamén aludiu a unha serie de contratos asinados pola Sociedade “e que teñen un comportamento estraño”. Mais polo miúdo fixo referencia a un contrato sobre a venda de aluminio que se recupera na planta de Cerceda. Sinalou que en abril de 2010 publicouse unha solicitude de oferta prorrogable a 3 anos, e en marzo de 2011 publican novamente, desde Sogama, unha solicitude de oferta nos mesmos termos que a anterior. Dixo que toda esta documentación figura en actas publicas e polo tanto “é facilmente constatable”.

Sobre o Presidente de SOGAMA denunciou que esta incumprindo a lei de incompatibilidades de altos cargos da Xunta. A deputada amosou aos medios de comunicación o Informe cos datos do Rexistro Mercantil no que se constata que compatibiliza a súa actividade como Presidente de Sogama en varias sociedades privadas como un despacho de avogados e unha empresa de renovables e outras de xestión de proxectos.

Dous imputados con coche os 356 días do ano as 24 horas do día
Gallego dixo tamén que as dúas persoas que están imputadas na causa e que se lles acusa de “influír na adxudicacións de contratos”, asegura que “non son dous traballadores normais como quere facernos crer a Xunta”, senón que “teñen unha serie de prebendas e uns salarios incluso mais alto que o do propio Presidente da Xunta e con vehículo propio da empresa os 365 días do ano, as 24 horas do día”.

Proliferación de asesoría xurídica

A portavoz socialista tamén criticou a proliferación de contratación de asesoría xurídica externa por parte da Sociedade. E lembra que SOGAMA ten un despacho xurídico dende o ano 2000, ademais de ter un asesor xurídico en plantilla, do que advirte “tamén foi contratado de xeito irregular”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar