O PSdeG persoarase na querela da fiscalía contra Baltar para desvelar toda a trama de corrupción do PP na provincia de Ourense

O PSdeG persoarase na querela da fiscalía contra Baltar para desvelar toda a trama de corrupción do PP na provincia de Ourense

O PSdeG persoarase na querela da fiscalía contra Baltar para desvelar toda a trama de corrupción do PP na provincia de Ourense

Sosteñen que a trama trascende ao propio Baltar e que o PP ten instalado un sistema organizado de contratación na Deputación e “cambio de cromos” con concellos e mancomunidades do que son consentidores Rajoy e Feijóo

Anuncian un estudo pormenorizado “concello a concello, chiringuito a chiringuito” para engadir aos casos recentemente descubertos

O Secretario Provincial do PSdeG-PSOE, Raúl Fernández, o portavoz provincial socialista, Ignacio Gómez, e a secretaria de Organización provincial e parlamentaria autonómica, María Quintas, veñen de ofrecer, en rolda de prensa a valoración dos socialistas galegos en relación ao anuncio do Fiscal Xefe de Ourense de tramitar una querela contra José Luis Baltar por prevaricación continuada, creando un estado clientelar na Deputación de Ourense de xeito continuado.

O Secretario Provincial recordou que esta acción da fiscalía ten como punto de partida as denuncias que desde hai 20 anos veñen facendo os socialistas en relación ós métodos de contratación na provincia de Ourense, e máis concretamente nas elevadas o 15 de xuño de 2010 e o 28 de febreiro. Estas coinciden co proceso congresual do PP, no que a oposición ao candidato, Manuel Baltar, encabezada por Jiménez Morán e que por aquelas datas confesaba que xamais vivira un proceso de eleccións.

Os socialistas fixeron fincapé na “inxustiza social” que supón esta situación, di Ignacio Gómez. O portavoz na Deputación afirma que “parece claro que centos de cargos públicos e institucionais foron contratados na Deputación”, provocando unha “perversión da propia democracia e de resultados electorais”.

Raúl Fernández sinala neste sentido que, ao contrario que en outras provincias, na de Ourense, “non coñezo ningunha academia que publicite formación para as prazas que saen na Deputación”. Ambos dirixentes socialistas coinciden en centrar a súa preocupación nos centos de ourensáns e ourensás que “teñen que coller a maleta” mentres outros, por só ter vinculación co PP disfrutan de soldos de 50.000€ e 40.000€.

Gómez anunciou que, respectando os tempos da Xustiza, o PSdeG-PSOE persoarase na causa, para ter acceso á información sobre o desenvolvemento do proceso, que se podería estender tamén ás contratación feitas xa por Manuel Baltar, actual Presidente da Deputación. Algo moi factible, a xuízo do Portavoz socialista, porque “continúa o mesmo modus operandi” de persoas afíns ao PPdeG ou ben inmersas nun “intercambio de cromos, polo que se intercambian postos na deputación a fillos de alcaldes e responsables das mancomunidades a cambio da colocación neses concellos de persoas afíns ao Partido Popular”,denunciou.

Neste sentido a Secretaria de Organización provincial, María Quintas, anunciou que o PSdeG-PSOE “irá concello a concello, chiringuito a chiringuito, facendo un estudo pormenorizado” para engadir á causa recentemente aberta. A parlamentaria socialista está convencida que “isto non afecta só á familia Baltar, senón que se trata dunha trama corrupta perfectamente organizada polo PP en Ourense” para pagar favores con diñeiro público, e que está avalada polo Presidente Rajoy e o Presidente Feijóo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar