O PSdeG pedirá accións á Xunta e ao Goberno ante a preocupación pola perda de posición de mercado do naval

O PSdeG pedirá accións á Xunta e ao Goberno ante a preocupación pola perda de posición de mercado do naval

O PSdeG pedirá accións á Xunta e ao Goberno ante a preocupación pola perda de posición de mercado do naval

No día en que Navantia comeza un novo calendario de mobilizacións na procura de carga de traballo que garanta a supervivencia, Gómez Besteiro salienta a súa preocupación extrema porque empresas de forte implantación en España opten por outros estaleiros

Os socialistas levarán iniciativas ao Congreso e ao Parlamento galego para pedir explicacións da pasividade e esixir accións da Xunta e do Goberno central ante a perda de contratos

BesteiroO secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou a solidariedade dos socialistas galegos co sector naval que hoxe se manifesta nas rúas de Ferrol, nomeadamente á plantilla de Navantia, que enceta con este acto un novo calendario de mobilizacións na procura de carga de traballo. O dirixente socialista manifestou a súa preocupación pola “posición de mercado que van ter os nosos estaleiros públicos e privados no ámbito internacional”.

Gómez Besteiro salientou que “se están perdendo contratos e hai empresas que teñen unha forte implantación en España que optan por outro tipo de estaleiros”. Facía así referencia á recente confirmación por parte das armadoras Knutsen e Elcano, adxudicatarias de catro gaseiros para Gas Natural, que optaron para a construción destes buques por estaleiros de Corea e Xapón. Os socialistas levarán iniciativas ao Congreso e ao Parlamento galego para pedir explicacións ante a pasividade da dereita e esixir accións da Xunta e do Goberno central ante a perda de contratos.

A esta noticia cabe engadir o recoñecemento do atraso sobre a decisión dos floteis por parte da petroleira PEMEX e o silencio da Xunta, 18 meses despois, sobre os contratos que esgrimira Feijóo en campaña electoral pero que se negou a ensinar na súa condición de Presidente. A mesma lei do silencio se aplica por parte do Executivo de Feijóo ó dique flotante de Ferrol ou sobre o futuro do estaleiro Barreras. Estas “son cuestións que no PSdeG nos preocupan extraordinariamente”, insistiu Gómez Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar