O PSdeG participa nos actos do Día do Orgullo LGTB "para esixir políticas de igualdade fronte ao retroceso do PP"

O PSdeG participa nos actos do Día do Orgullo LGTB "para esixir políticas de igualdade fronte ao retroceso do PP"

O PSdeG participa nos actos do Día do Orgullo LGTB "para esixir políticas de igualdade fronte ao retroceso do PP"

Asociación-Tayri-LGTBO PSdeG participa mañá en varios actos enmarcados no Día do Orgullo LGTB para “esixir e garantir políticas de igualdade e non discriminación” e manifestarse contra a “clara aposta ultraconservadora do PP para eliminar os dereitos sexuais e os dereitos civís alcanzados nos últimos anos”. Así, varios representantes do PSdeG, encabezados pola secretaria de Organización, Pilar Cancela, e membros do grupo LGTB dos socialistas galegos 7 Cores lerán o manifesto do Partido Socialista ás 12.30 horas na Alameda de Compostela, xunto á estatua de 'As Dúas Marías'.

Asimesmo, os socialistas participarán na manifestación do Día do Orgullo en Vigo 'Polos Dereitos Humanos LGTB', con saída do cruce de Colón con Urzáiz ás 20.00 horas, e na concentración 'Manifestámonos por quen non pode' ás 20.30 horas no Obelisco da Coruña, onde se realizará un mosaico coas bandeiras de 77 países nos que a homosexualidade aínda é un delito.

Desde o PSdeG deron tamén traslado aos concellos dunha moción na que os socialistas solicitan o respaldo á celebración do Orgullo LGTB e ao ano 2014 como “Ano polo Recoñecemento dos Dereitos Humanos das persoas LGTB”, con mostras de apoio como a colocación da bandeira do arco da vella no balcón dos consistorios e colaboración cos traballos e actividades que se desenvolvan por parte das organizacións LGTB.

A moción socialista chama ademais a manifestar desde os concellos a condena a calquera lexislación que criminalice as persoas lesbianas, gais, transexuais e bisexuais e aquelas que perseguen aos defensores dos dereitos humanos das persoas LGTB en todo o mundo. Insta tamén ao Goberno español a que “realice as xestións diplomáticas oportunas para pedir da Comisión Europea unha condena enérxica das lexislacións contra as persoas LGTB e os defensores dos dereitos humanos LGTB en calquera parte do mundo” e a que “estableza un protocolo que garanta unha especial atención nas nosas delegacións diplomáticas aos procedementos e solicitudes de asilo e refuxio das persoas procedentes daqueles países onde estas persoas son perseguidas”. Por último, insta ao Ministerio de Asuntos Exteriores a que traslade a condena e repulsa do Goberno Español contra estas lexislacións, solicitando a súa inmediata retirada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar