O PSdeG mostra o seu compromiso de apoio ao labor do Museo do Pobo Galego no eido cultural e nos seus traballos sobre o problema demográfico en Galicia

O PSdeG mostra o seu compromiso de apoio ao labor do Museo do Pobo Galego no eido cultural e nos seus traballos sobre o problema demográfico en Galicia

O PSdeG mostra o seu compromiso de apoio ao labor do Museo do Pobo Galego no eido cultural e nos seus traballos sobre o problema demográfico en Galicia

Gómez Besteiro considera “moi preocupantes” os datos do paro en Galicia no mes do xaneiro e volve a ofrecer a súa proposta de consenso para traballar en políticas de creación de emprego

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gomez Besteiro, mostrou hoxe o seu compromiso de apoio ao Museo do Pobo Galego, “unha institución clave para o país no eido cultural e tamén polos seus traballos arredor do problema demográfico en Galicia”.

Gómez Besteiro mantivo unha reunión de traballo co presidente de Padroado de Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, e co presidente e o secretario da Xunta Rectora da institución, Francisco Fariña e Manuel Vilar. Xunto a líder dos socialistas galegos, acudiron Vicente Docasar, secretario de Educación e Cultura da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE, e Francisco Caamaño, portavoz socialista do Grupo Parlamentario Socialista.

En declaración aos medios de comunicación tras unha visita ás salas e á biblioteca do Museo do Pobo Galego, José Ramón Gómez Besteiro lamentou que o orzamento económico da Xunta destinado á institución desde 2009 baixase un 26%. “Estaremos moi atentos, estamos nun lugar clave para entender a historia galega e queremos mostrar o compromiso e o apoio dos socialistas galegos”, manifestou.
Por outra parte, o líder do PSdeG fixo referencia aos datos do paro do mes de xaneiro, “con 10.014 desempregados máis na nosa comunidade”. Besteiro incidiu na súa proposta de consenso, lembrando o pacto polo emprego que lle ofreceu ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

“O presidente da Xunta segue sen querer falar do desemprego e moito menos buscar solucións nin consenso neste tema, hai máis de 280.000 persoas en Galicia que queren traballar e non poden, polo que estamos a falar dun tema que debe ser prioritario, e de feito o é para o PSdeG”, engadiu o secretario xeral dos socialistas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar