O PSdeG manifesta a súa “neutralidade” na elección do Secretario Xeral do PSOE e defenden “o debate aberto e o diálogo entre os candidatos e a militancia”

O PSdeG manifesta a súa “neutralidade” na elección do Secretario Xeral do PSOE e defenden “o debate aberto e o diálogo entre os candidatos e a militancia”

O PSdeG manifesta a súa “neutralidade” na elección do Secretario Xeral do PSOE e defenden “o debate aberto e o diálogo entre os candidatos e a militancia”

A Executiva Nacional Galega abrirá un expediente informativo sobre o acontecido no proceso de novas afiliacións en Santiago, aínda que non ten competencias neste tema

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, asegurou hoxe en Santiago que a Executiva Nacional Galega dos socialistas manterá unha posición de “neutralidade” no proceso aberto para a elección do novo secretario xeral do PSOE.

“Defendemos por suposto as primarias e a necesidade de dar voz aos militantes, será bo o debate aberto e o diálogo entre os diferentes candidatos e os militantes”, asegurou Cancela aos medios de comunicación despois da reunión da Executiva Nacional Galega.

Os membros da Executiva falaron tamén do acontecido na Agrupación Local de Santiago. “Con respecto a esta situación, queremos en primeiro lugar esclarecer como é posible que os datos dos militantes que integran o censo pasen ao ámbito da opinión pública, vulnerando o deber de garda e custodia dos propios datos e a Lei de Protección de Datos”, manifestou a secretaria de Organización do PSdeG.

“No censo das agrupacións locais hai dous ámbitos de competencias: a agrupación local, que debe pasar un primeiro filtro, e despois a Federal do partido; a Executiva galega non ten competencias, pero hoxe decidimos abrir un expediente informativo para analizar o acontecido”, afirmou.

Neste proceso de información reservada, que será rápido, a Executiva galega quere “saber como foi o proceso de afiliación e se son correctas ou non as novas altas de militantes; posteriormente, a Executiva trasladará a información á Federal do PSOE”.

“Queremos garantir a transparencia do proceso, defendemos o sistema de primarias e consideramos que Santiago necesita unha etapa de tranquilidade; o PSdeG dará explicacións, non como pasa no Concello, onde temos un alcalde que era o último da lista e concelleiros que non foron elixidos polos cidadáns”, engadiu Cancela.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar