O PSdeG loitará "contra vento e marea" para evitar a intalación da incineradora no Irixo

O PSdeG loitará "contra vento e marea" para evitar a intalación da incineradora no Irixo

O PSdeG loitará "contra vento e marea" para evitar a intalación da incineradora no Irixo

O portavoz socialistas na Deputación, José Ignacio Gómez Pérez, defendeu hoxe a moción presentada polo GPS contra a instalación dunha planta incineradora no concello do Irixo, que foi apoiada polo BNG e rexeitada polos votos en contra do Grupo Popular.
Gómez Pérez afirmou que os socialistas loitarán contra e vento e marea para evitar que dita incineradora “de capital castellano” se instale no Irixo, condenando a morte non só a comarca do Carballiño senón tamén a comarca do Ribeiro.
O deputado lembrou que esta adxudicación a dedo a unha empresa privada a través do concurso eólico, nin sequera podemos comparalo a Sogama, onde alomenos o 51% da empresa é de titularidade pública”. Neste sentido advertiu das nefastas consecuencias, agora agochadas, que traerá esta planta.
Ademais, o deputado recriminou ao PP “a gran mentira que no seu momento creou cando o goberno socialista apostou por Carballeda para a posta en marcha dun Parque ambiental, que si crearía emprego coa reciclaxe, separación e compostaxe de residuos”.
Gómez Pérez recordou que daquela o PP fixera unha insidiosa campaña na que o Parque se convertía nunha incineradora cuxas consecuencias negativas chegaban a falar “de monstros de sete cabezas”.
“Agora si falamos dunha incineradora”, e a contaminación do aire, o vento, a terra e as augas de toda a comarca arruinará o sector vitivinícola, termal e turístico das comarcas do Carballiño e o Ribeiro.
Por último, o portavoz socialista lamenta “que o Sr. Baltar se pliegue aos intereses de Feijóo en vez de defender os intereses dos veciños da provincia de Ourense”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar