O PSdeG levará ao Parlamento á Conselleira de Mar para dar conta do conflito coa flota de cerco e os incidentes cos mariñeiros no pasado pleno

O PSdeG levará ao Parlamento á Conselleira de Mar para dar conta do conflito coa flota de cerco e os incidentes cos mariñeiros no pasado pleno

O PSdeG levará ao Parlamento á Conselleira de Mar para dar conta do conflito coa flota de cerco e os incidentes cos mariñeiros no pasado pleno

Méndez Romeu anuncia unha petición de comparecencia do conselleiro de Presidencia para dar conta da actuación das forzas de seguridade

O portavoz socialista preguntará ao presidente da Xunta pola situación da economía galega

Os socialistas obrigarán á conselleira do Mar a dar conta diante do Pleno do Parlamento do conflito da Xunta coa flota de cerco e os incidentes rexistrados cos mariñeiros durante a pasada semana. O portavoz socialista, José Luis Méndez Romeu, explicou logo da Xunta de Portavoces que, tras vetar o PP a comparecencia da conselleira, esta dará conta a instancias dunha interpelación do PSdeG.

Méndez Romeu dixo que a conselleira terá que dar conta finalmente diante da Cámara autonómica da posición do goberno galego ante as cotas de pesca de xarda e xurelo que prexudican ao sector pesqueiro en Galicia. Lamentou sen embargo que a responsable de Mar do goberno galego se teña negado a comparecer “mentres fala alegremente de políticas conspiratorias”.

Criticou a súa negativa a dialogar co sector mentres estes ofrecen “propostas ben concretas dende hai días” e como resposta “amosa soberbia e desprezo” nos seus encontros”. Sinalou que o problema “ten solución si hai vontade do goberno para facelo” e reclamou que a Xunta explique no Parlamento a súa postura sobre os criterios de reparto das cotas de pesca e a distribución decretada para o ano actual.

Precisou que “non se trata dun problema de conspiracións ocultas, trátase dun problema de falla de credibilidade da conselleira”, que pola súa “incapacidade” provocou que este problema teña “derivado nun asunto de orde pública”.

Comparecencia de Rueda

O portavoz socialista anunciou neste sentido logo da Xunta de Portavoces que o Grupo Socialista pedirá a comparecencia do conselleiro de Presidencia para dar conta dos incidentes rexistrados a pasada semana nas portas do Parlamento entre as forzas de seguridade e os representantes da flota de cerco, así como cos alcaldes galegos que protestaban pola suba do canon de Sogama.

Amosou a oposición dos socialistas galegos ás dispersións violentas das manifestacións que se están rexistrando nas últimas datas en Galicia e apelou á responsabilidade do goberno galego á hora de obrigar aos distintos colectivos a “manifestarse reclamando diálogo” co executivo.

Economía galega e viaxe a México

Méndez Romeu anunciou que os socialistas empregarán a sesión de control ao presidente da próxima sesión plenaria para demandar unha explicación a Feijóo pola situación da economía galega. Sinalou que o presidente da Xunta deberá dar conta do fracaso das súas xestións para impulsar os sectores produtivos logo de que o PP rexeitara de novo a comparecencia de Feijóo sobre o emprego en Galicia.

Criticou que o presidente galego teña “fuxido dos problemas” de Galicia durante a pasada semana cunha viaxe a México e Panamá “sen axenda oficial coñecida e sen datos que teñan que ser transmitidos á cidadanía”. O responsable socialista advirte que a falla de resultados deste periplo demostra que a presenza de Feijóo naqueles países “non aporta ningún valor” mais que o de “escapar” de Galicia durante uns días.

A sesión plenaria incluirá unha moción dos socialistas galegos para demandar o consenso e a participación das agrupacións das corporacións locais na Axencia que substituirá ao Consorcio Galego de Servizos Sociais. Ademais, será incluída unha proposición non de Lei para demandar o cumprimento dos compromisos dos gobernos galego e central para construír a Estación Intermodal de Lugo e levar o AVE á capital da provincia.

Os socialistas presentarán unha proposición non de Lei para restaurar as pagas extra aos funcionarios galegos e unha pregunta sobre a discriminación dos funcionarios docentes no sistema de traslados. Tamén será incluída unha interpelación sobre a privatización do servizo de esterilización do Sergas por 160 millóns de euros e unha pregunta sobre o deterioro dos equipos do Hospital da Mariña.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar