O PSdeG levará ao Congreso e ao Parlamento de Galicia as demandas propostas polas federacións deportivas galegas

O PSdeG levará ao Congreso e ao Parlamento de Galicia as demandas propostas polas federacións deportivas galegas

O PSdeG levará ao Congreso e ao Parlamento de Galicia as demandas propostas polas federacións deportivas galegas

Estudan a supresión das licencias federativas autonómicas e a prohibición de facer deporte en espazos públicos que consideran “un absurdo que da a medida do sen sentido da Lei de Seguridade Cidadá”

Guillermo Meijón, Carmen Acuña e Aitor Bouza mantiveron en Santiago un encontro coas federacións galegas de deportes

Os socialistas galegos levarán ao Congreso e ao Parlamento de Galicia as demandas das federacións deportivas galegas para que o goberno respecte a autonomía das federacións logo de anunciar a supresión das licencias autonómicas. Así o explicaron hoxe logo dun encontro coas federacións deportivas galegas celebrado en Santiago.

O coordinador dos socialistas galegos nas Cortes Xerais, Guillermo Meijón, a portavoz de Deportes do Grupo socialista no Parlamento de Galicia, Carmen Acuña, e o secretario de Deportes do PSdeG, Aitor Bouza, participaron neste encontro no que analizaron a decisión do goberno central de eliminar as licencias federativas.

Acuña explicou que a decisión de unificar as licencias baixo un único modelo estatal supón na realidade un “grave quebranto no deporte de base en Galicia” poñendo en risco ás federacións de base. Sinalou que esta decisión supón en realidade suprimir os ingresos destas concedidos tanto polos socios como polas axudas autonómicas, en función precisamente do número de membros e “un gran desprezo pola Lei do deporte galego”.

Os socialistas galegos esixiranlle á Xunta que defenda ás federacións galegas “porque iso é tanto como defender e impulsar a práctica deportiva na sociedade”, e ao goberno central que renuncie a unha decisión que “vai directamente en contra das federacións deportivas”.

Seguridade cidadá

Os socialistas galegos tamén analizaron xunto cos representantes das federacións o impacto da Lei de Seguridade Cidadá, que establece prohibicións “absolutamente absurdas”, como a de facer deporte en espazos públicos, que “da a medida do sen sentido da norma e do nivel de restricións que quere impoñer o goberno conservador”.

Os representantes dos socialistas galegos esixíronlle ao goberno que explique “en que medida pode afectar negativamente á seguridade que a cidadanía teña a liberdade de facer deporte onde poida”. Lembroulle ao PP que “lamentablemente, non toda a cidadanía pode financiar o seu adestramento nun estadio olímpico, e hai milleiros de persoas que por calquera circunstancia só poden correr pola rúa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar