O PSdeG levará á Conferencia Política do PSOE iniciativas en defensa das especificidades socioeconómicas de Galicia

O PSdeG levará á Conferencia Política do PSOE iniciativas en defensa das especificidades socioeconómicas de Galicia

O PSdeG levará á Conferencia Política do PSOE iniciativas en defensa das especificidades socioeconómicas de Galicia

Pilar Cancela chama a “renovar un discurso que se achegue á xente”

Conferencia PolíticaA Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, anunciou que os socialistas galegos presentarán na Conferencia Política que celebra esta fin de semana o PSOE unha batería de iniciativas en defensa das particularidades socioeconómicas de Galicia. Así o dixo hoxe en Santiago, antes dunha xuntanza cos delegados dos socialistas galegos que participarán no certame.

Cancela salientou que os socialistas galegos priorizarán tamén a defensa do Estado do Benestar dende a presidencia da Comisión do mesmo nome, dende a que o PSdeG dirixirá as medidas de reforzamento dos servizos públicos. Ademais, presentarán unha serie de propostas nas outras tres comisións, de Globalización e Reforma Política e UE, de Economía e Emprego e de Modelo Político de Partido.

A delegación galega presentará as súas achegas nestes catro eixos de traballo para “facer valer as reivindicacións prioritarias de Galicia” recollidas a través dun proceso aberto de participación da militancia e da cidadanía en xeral. Os socialistas galegos farán valer as especiais características socioeconómicas de Galicia para frear o despoboamento e o envellecemento desta Comunidade Autónoma.

As taxas de desemprego, “tremendamente preocupantes” dende a chegada de Feijóo á presidencia da Xunta, centrarán as propostas concretas para incidir nos sectores estratéxicos de Galicia afectados pola crise, como son a industria, o naval ou o sector agrogandeiro.

Cancela sinalou que para acadar o crecemento económico, industrial resulta fundamental afrontar a elevada taxa de peche de empresas en Galicia, que “noutras comunidades autónomas tamén se están rexistrando, pero que en Galicia é clave” pola vulnerabilidade do tecido industrial galego.

Renovar o discurso

A responsable socialista explicou que os 32 membros do PSdeG que participarán na Conferencia Política traballarán co obxectivo de aportar a perspectiva galega para “mudar as cousas e presentar un discurso renovado que se achegue á xente” e afronte os problemas que preocupan á cidadanía.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Francisco Fernández
    Novembro 9, 2013 a 11:38

    É moi importante que o PSdeG participe do espírito federal dos socialistas españois, pois para conseguirmos un Estado federal debemos defender as nosas particularidades dentro do Estado español

Deixar a resposta

Pechar