O PSdeG leva aos concellos unha moción esixindo a retirada do anteproxecto de lei de Gallardón contra o aborto

O PSdeG leva aos concellos unha moción esixindo a retirada do anteproxecto de lei de Gallardón contra o aborto

O PSdeG leva aos concellos unha moción esixindo a retirada do anteproxecto de lei de Gallardón contra o aborto

Os socialistas denuncian o grave retroceso lexislativo que supón o anteproxecto do Goberno, que entre outros, suprime o suposto de malformacións ou anomalías fetais incompatibles coa vida

Alertan sobre a contestación e rexeitamento social que está a ter esta iniciativa do Executivo de Rajoy e que ten provocado incluso que se postulen na súa contra cargos do Partido Popular

Os grupos municipais do PSdeG presentarán en todos os concellos galegos unha moción esixindo ao Goberno a retirada inmediata do anteproxecto de lei contra o aborto do ministro Gallardón.

Esta iniciativa foi un dos acordos adoptados o pasado 10 de xaneiro na reunión celebrada polos responsables de igualdade e dereitos cidadáns e movementos sociais, na que participaron Eva Martínez Montero e Ivan Puentes, responsables destas áreas na Executiva galega e aos que acompañou a parlamentaria Carmen Acuña, portavoz de Sanidade do Grupo Socialista no Parlamento galego.

A moción municipal para paralizar a revisión da lexislación española sobre saúde sexual e reprodutiva e interrupción do embarazo enmárcase nas accións que a nivel parlamentario xa promoveron os socialistas galegos. Ademais, a Deputación de Lugo foi a primeira institución galega en apoiar á Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto.

Os socialistas denuncian que o anteproxecto aprobado polo Goberno suprime o dereito das mulleres a interromper o seu embarazo nas primeiras catorce semanas, considerándose como delito. Quedarían despenalizados os supostos de violación e grave perigo para a vida ou para a saúde da muller, privando a esta do dereitos a decidir sobre a maternidade.

Tamén suprime o anteproxecto impulsado por Gallardón o suposto de malformacións ou anomalías fetais incompatibles coa vida, suposto que xustificou a interrupción do embarazo desde os anos oitenta do século pasado, recorda o PSdeG.

Os socialistas afirman que o anteproxecto de lei contra o aborto suporá un grave retroceso de máis de trinta anos para a lexislación española e o incumprimento de compromisos internacionais en materia de dereitos sexuais e reprodutivos e da liberdade das mulleres a decidir sobre a súa maternidade. Tamén situaría a España como unha excepción en toda Europa, onde nos últimos anos ningún país lexislara cara atrás nesta materia, argumentan desde o PSdeG.

A mulleres españolas sufrirán este retroceso logo deter contado con unha das lexislacións máis avanzadas, máis seguras, con maiores efectos na prevención de embarazos non desexados e que tiña conseguido reducir o número de abortos no último ano, afirman.

Alertan os socialistas do enorme rexeitamento que esta normativa ten suscitado en organizacións sociais, profesionais e feministas de España e Europa. Motivou ademais a aparición de declaracións de membros do PP, incluídas algunhas mulleres que desempeñan cargos públicos, discrepando do seu contido, e a crítica de dirixentes e medios de comunicación estranxeiros, onde o anteproxecto só recolleu a felicitacións de formacións políticas de extrema dereita de outros países.

ACCIÓNS PARALELAS

Ademais desta moción, a CENG do PSdeG, a través da Secretaría de Igualdade, deseñou un programa de actos e accións encamiñadas a dar a coñecer esta reforma que cualifican de machista, estéril e profundamente retrógrada e para esixir que se manteña a Lei socialista de 2010; programa que se articulará de xeito transversal, coordinado con outras áreas de la Executiva galega.

O PSdeG manifestou o seu apoio ao "Tren da Liberdade", que promoven entidades feministas. Tamén trasladaron á Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto para a intención de participar nas accións convocadas para as vindeiras semanas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar