O PSdeG leva ao próximo pleno a retirada da sanción á construtora de Telmo Martín por parte da Xunta

O PSdeG leva ao próximo pleno a retirada da sanción á construtora de Telmo Martín por parte da Xunta

O PSdeG leva ao próximo pleno a retirada da sanción á construtora de Telmo Martín por parte da Xunta

Ismael Rego solicita a comparecencia do conselleiro de Territorio para explicar a situación dos expedientes abertos a Construcuatro

O responsable de Territorio do Grupo Socialista, Ismael Rego, levará ao próximo pleno do Parlamento unha pregunta urxente sobre a retirada, por parte da Xunta, dunha sanción de mais de 3 millóns de euros á promotora Construcuatro, propiedade do ex líder do PP de Pontevedra e actual deputado nas Cortes Telmo Martín, pola construción dun inmoble de vivendas no contorno da praia de Silgar, en Sanxenxo.

O responsable socialista presentará tamén a solicitude de comparecencia do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para dar conta da situación dos expedientes abertos a esta promotora. Rego reclama ao goberno galego que expoña “cales foron as causas que motivaron o acordo do Consello da Xunta de sobreser o expediente sancionador” a esta empresa.

O coordinador da área de Territorio do grupo Socialista reclama esta pregunta pola “notoriedade do caso e a súa relevancia para o respecto á legalidade e á protección do litoral galego, e mesmo a igualdade de dereitos dos administrados fronte aos poderes públicos” ao levantar unha sanción por incumprimento da lexislación urbanística e sobre ocupación do espazo marítimo terrestre.

Ismael Rego lembra que o servizo de Usos do Litoral da Consellería de Pesca abriu no seu día o devandito expediente sancionador contra a promotora Construcuatro por obras abusivas que invadían a servidume de protección do litoral no paseo de Silgar, en Sanxenxo –Pontevedra-. O expediente fora resolto coa imposición dunha multa por 3.055.841 euros, así como outra coercitiva ata a reposición da legalidade.

O conselleiro de Pesca da Xunta, López Veiga, resolveu sobreser o expediente en febreiro de 2005, unha resolución que foi recorrida pola Asociación Salvemos Pontevedra, que rematou coa confirmación da multa por parte do Tribunal Supremo, en sentenza firme, o 30 de setembro de 2011. Malia esta decisión, o consello da Xunta decidiu sobreser o expediente sancionador o pasado 24 de novembro de 2011.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar