O PSdeG leva ao Parlamento o forte recorte da Xunta nas axudas ás prácticas do alumnado de formación profesional

O PSdeG leva ao Parlamento o forte recorte da Xunta nas axudas  ás prácticas do alumnado de formación profesional

O PSdeG leva ao Parlamento o forte recorte da Xunta nas axudas ás prácticas do alumnado de formación profesional

Vicente Docasar advirte que o goberno galego reduciu as axudas para este concepto nunha cuarta parte nos últimos anos, pasando de 2,5 millóns de euros a 600.000 euros

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, vén de preguntarlle ao goberno galego pola nova redución das partidas da Xunta para as prácticas do alumnado de formación profesional –FCT-. O responsable socialista lembra que, logo de reducir á cuarta parte os orzamentos con relación a 2009, ata os 700.000 euros en 2013, este ano Feijóo vén de reducir a partida en outros 100.000 euros.

De acordo coa orde da Consellería de Educación publicada o 19 de maio pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que fai as prácticas de formación profesional nas empresas , a partida verase reducida a 606.982,83 euros. Docasar critica que “unha cousa é a propaganda oficial que se presenta nos medios de comunicación e outra moi distinta a realidade que viven os nosos estudantes de FP”.

Esta situación chega a que o goberno galego mesmo discrimina ao alumnado que realiza as prácticas no seu concello de residencia ao facer desaparecer mesmo a cantidade simbólica de 75 euros que recibían ata este ano 2014.

Advirte que a Formación Profesional “debera ser un dos piares esenciais do noso sistema educativo”, si ben “escoitando falar aos diferentes responsables da Xunta un puidera chegar a pensar lexitimamente que iso esta así”, pero agora vemos como “a realidade sempre acaba poñendo a cada quen no seu sitio”.

Puntualiza que “unha cousa é dicir nun medio de comunicación que apostamos fortemente pola formación profesional e outra ben distinta é converter as palabras en realidade e trasladalas ao Diario Oficial de Galicia”. Como o goberno galego á hora de presentar os seus orzamentos fai “exactamente o contrario do que di”, pregúntalle á Xunta polo recorte nas axudas á FCT.

Docasar advirte que a Xunta está a constituír unha FP “de varias velocidades”, ademais de publicar a información no Diario Oficial de Galicia na metade do propio período de prácticas, cando os mozos e mozas levan xa realizada a metade da súa estadía nas empresas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar