O PSdeG leva a o pleno do Parlamento un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Administración Local

O PSdeG leva a o pleno do Parlamento un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Administración Local

O PSdeG leva a o pleno do Parlamento un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Administración Local

Méndez Romeu critica o veto do PP á comparecencia de Feijóo pola caída do emprego en Galicia e do conselleiro de Medio Ambiente pola suba do canon de Sogama

Os socialistas preguntaranlle ao presidente da Xunta pola súa xestión diante dos incumprimentos do goberno central cos compromisos con Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, anunciou que a próxima sesión plenaria do Parlamento de Galicia comezará co debate dunha proposta socialista para presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a reforma da Lei de administración local. Así o dixo logo da reunión da Xunta de portavoces que fixou a orde do día do próximo Pleno.

Méndez Romeu explicou que o recurso que solicitan os socialistas galegos vén motivado pola invasión de competencias autonómicas e municipais da denominada como Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local. Sinala que a norma “cambia o municipalismo” dunha tacada reducindo a capacidade e competencias dos concellos e incrementando as das deputacións provinciais.

Explicou que este recurso ten sido presentado no marco dunha campaña iniciada polos socialistas en todo o Estado para impulsar recursos inconstitucionalidade en centos de concellos de Galicia e en cada un dos parlamentos autonómicos.

O Pleno incluirá tamén unha interpelación sobre a futura axencia que substituirá o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, nunha operación coa que o goberno galego quere, dixo, “expropiarlle aos concellos as competencias en materia de Seguridade Social”. Explicou que Feijóo quere retirarlle as competencias que eran prestadas polos concellos a través do Consorcio para cedérllelas a un novo organismo.

Explicou que os socialistas utilizarán a sesión de control ao presidente da Xunta para preguntarlle a Feijóo polas súas xestións diante dos incumprimentos dos compromisos acadados polo goberno central con Galicia.

Veto

Méndez Romeu criticou o veto do PP ás comparecencias do goberno galego para dar conta do desleixo do seu goberno diante do incremento do paro e da “vertixinosa caída dos afiliados á Seguridade Social”, tanto en termos absolutos –outros 6.300 en febreiro- como en relación á media do Estado. Lembrou que Feijóo “rexeitou tódalas solicitudes de comparecencia para dar conta da situación do mercado laboral en un ano e medio”.

Explicou que este dato evidencia a destrución neta de empregos en Galicia, onde, subliñou, mais da metade dos fogares “xa carecen de activos”, é dicir, que só obteñen ingresos a través das pensións ou de diferentes mecanismos de protección social, ao ter a tódolos seus membros en paro.

Méndez Romeu criticou tamén o veto á comparecencia do conselleiro de Medio Ambiente para dar conta da suba do canon de Sogama a toda a cidadanía, e afeoulle ao goberno galego que “despacha con simplezas cando compre negociar, modificar e actuar” para non facer recaer sobre as economías domésticas unha nova suba fiscal.

O Pleno que comeza o próximo martes incluirá tamén unha moción socialista para debater sobre a situación da industria da enerxía eólica en Galicia, paralizada e nunha situación “extraordinariamente difícil” logo de que Feijóo liquidara o concurso eólico e o goberno central suprimira as primas, facendo que esta Comunidade Autónoma perdera o liderado histórico en potencia instalada.

Sanidade

En materia de sanidade, a próxima sesión plenaria incluirá unha moción socialista sobre o mapa sanitario imposto polo goberno galego que provoca o “erro histórico de desprazar a 300.000 doentes de diversas patoloxías de Vigo e Pontevedra e outras provincias”. Dixo que esta decisión provoca un “prexuízo innecesario” á cidadanía en contra do principio básico de organización dos servizos sanitarios.

Ademais, dixo, o Pleno do Parlamento incluirá unha proposición non de Lei para que o goberno galego explique os mecanismos dispostos para a devolución do céntimo sanitario logo de que este imposto fora declarado ilegal polo Tribunal de Xustiza da UE. Sinalou que, de acordo coas organizacións do sector, cada transportista galego pode reclamar en torno a 9.000 euros.

Tamén será debatida unha proposición non de Lei sobre a supresión das cláusulas suelo das hipotecas, que foron declaradas abusivas polo Tribunal Supremo, e que os bancos “só aplican dende a data da sentenza, sen efecto retroactivo, e obrigando aos interesado a recorrelas”.

Finalmente, o PSdeG preguntará pola xestión da Fundación Semana Verde de cara a dinamizar o medio rural galego e pola paralización do contrato de 150 millóns de euros do Hospital de Ourense a instancias das empresas galegas, que se senten “discriminadas” no proceso ao non poder concorrer.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar