O PSdeG lanza unha ofensiva nas institucions para que Feijóo non pare a autovía a Portugal

O PSdeG lanza unha ofensiva nas institucions para que Feijóo non pare a autovía a Portugal

O PSdeG lanza unha ofensiva nas institucions para que Feijóo non pare a autovía a Portugal

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista e secretario xeral de Ourense, Raúl Fernández, acusa ao presidente da Xunta de continuar coa súa extensa lista de castigos e marxinacións á provincia de Ourense ao anunciar agora, a través de Agustín Hernández, a paralización da autovía entre Celanova e Portugal.

“Feijoo vístese de ourensán pero na práctica é o primeiro en acoitelar a esta provincia cada vez que se lle presenta unha oportunidade”, dixo Fernández tras coñecer a intención do Goberno galego de suspender a segunda fase da autovía entre Ourense e Portugal, concretamente o tramo entre Celanova e a fronteira lusa.

Ademais, cualificou de engano a decisión de Feijoo de esperar ata despois das eleccións para facer este anuncio. “Ourense se merece unha maior respecto por parte do presidente da Xunta, se merece, polo menos, que o presidente de Galicia, que se considera ourensán, non lle minta nin a engane”, sentenciou.

O máximo responsable do PSdeG na provincia de Ourense e portavoz de Infraestruturas no Parlamento autonómico contrapuxo as políticas que sempre impulsaron os socialistas para acadar o reequilibrio territorial coas do PP, que abundan na discriminación ás provincias do interior.

“A Feijoo sóbralle Ourense. En realidade sóbralle todo o rural e todo o interior de Galicia e por iso non dubida en anular proxectos que son de vital importancia para este provincia, como é a conexión da cidade con Portugal”, explica Fernández. Por elo, como líder dos socialistas ourensáns, anunciou unha batería de iniciativas para defender un proxecto que foi adxudicado polo goberno socialista, no ano 2009. “É unha vergoña que ademais de non facer nada por Ourense, encima lle quiten o que xa estaba planificado”.

Así, anunciou que “a partir de hoxe mesmo empezaremos a traballar en tódalas cámaras, dende o Parlamento ata o último concello das comarcas de Ourense e Celanova, para recuperar este proxecto estratéxico para a provincia de Ourense en xeral e para a comarca de Celanova en particular”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar