O PSdeG lamenta que o PP “goberne nunha élite allea á realidade” e limite a tutela xudicial efectiva coa imposición das taxas xudiciais

O PSdeG lamenta que o PP “goberne nunha élite allea á realidade” e limite a tutela xudicial efectiva coa imposición das taxas xudiciais

O PSdeG lamenta que o PP “goberne nunha élite allea á realidade” e limite a tutela xudicial efectiva coa imposición das taxas xudiciais

“Gallardón prometeu que o recadado iría para sufragar os gastos da xustiza gratuita, pero mentiron unha vez máis”, asegura a deputada socialista Beatriz Sestayo

A deputada socialista Beatriz Sestayo lamentou hoxe no Parlamento que o Partido Popular “goberne nunha élite allea á realidade” e limite a tutela xudicial efectiva coa imposición dunhas “desproporcionadas” taxas xudiciais.

Nunha pregunta en Comisión ao director xeral de Xustiza, Juan José Martín, os socialistas demandaban información sobre o recadado por taxas en Galicia, “porque o ministro Alberto Ruiz Gallardón garantizou que iría destinado a sufragar os gastos da xustiza gratuíta, pero mentiron unha vez máis”.

Na súa resposta, o director xeral de Xustiza manifestou que as taxas aprobáronse no ano 2002, pero omitiu que naquel momento só eran para persoas xurídicas, polo que era un instrumento destinado a grandes empresas. “Os socialistas pensamos nunha taxa para multinacionais, pero vostedes o que fan e impedir que os traballadores recurran aos tribunais”, afirmou Sestayo

“A xustiza é un servizo público esencial para garantir o exercicio dos dereitos e liberdades por parte das persoas e a imposición do taxazo ten suposto un elemento disuasorio para as persoas con limitados recursos, aos que se lles condena a renunciar a dereitos por non poder abonar copagos do que xa se lles detrae por impostos”, sostivo a deputada socialista.

“En Galicia, a pesares de ter competencias asumidas en materia de Xustiza, o silencio do Goberno de Feijóo ante o discriminatorio taxazo xudicial amosa unha complicidade cunha folla de ruta privatizadora que o PP ten asimilado como un dos seus símbolos”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar