O PSdeG lamenta que Alfonso Rueda "volva estar mal informado e falte á verdade" para xustificar o anuncio electoral de Ana Pastor

O PSdeG lamenta que Alfonso Rueda "volva estar mal informado e falte á verdade" para xustificar o anuncio electoral de Ana Pastor

O PSdeG lamenta que Alfonso Rueda "volva estar mal informado e falte á verdade" para xustificar o anuncio electoral de Ana Pastor

“O Partido Popular convirte unha reunión con veciños de hai máis dun mes en Guitiriz nunha inauguración para equiparala cos anuncios de Navantia ou a AP-9”, asegura Pilar Cancela

Hai dúas semanas, Besteiro xa advertiu da falla de información de Rueda ao falar do criterio do PSdeG con respecto á corrupción

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, lamentou hoxe que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, “volva estar mal informado e falte á verdade” para xustificar os anuncios electorais dos últimos días de Alberto Núñez Feijóo e Ana Pastor.

Os socialistas denunciaron onte o anuncio da ministra de Fomento sobre a ampliación da AP-9, pero esta mañá, Rueda, sen desmentilo, dixo que era mellor que “as inauguracións” do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

“O Partido Popular convirte unha reunión con veciños de hai máis dun mes de Besteiro en Guitiriz, por certo nunha instalación que leva meses en servizo, nunha inauguración, e así xustifica os anuncios de Navantia ou a AP-9”, asegura Cancela.

Cancela considera que “hai determinadas cousas que hai que poñer en marcha e non anuncialas eternamente, sobre todo en plena campaña electoral”, lembrando que a ampliación da AP-9 foi autorizada o 18 de decembro de 2011 polo Consello de Ministros do Goberno de Zapatero e José Blanco. “Tiveron tempo para facer antes o anuncio, pero decidiron esperar á campaña”, afirma.

Hai dúas semanas, o secretario xeral do PSdeG xa advertira que Rueda estaba “mal informado”, ao calificar o vicepresidente da Xunta de “incoherente” a Besteiro no debate sobre a inclusión de imputados nas listas dos partidos políticos. “Nós temos un criterio moi claro con respecto aos casos de corrupción, estou desexando saber cal é o do PP”, engadiu Cancela.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar