O PSdeG lamenta “a ruína total para o cerco galego” provocada polo Goberno de Rajoy co novo plan de xestión da sardiña “ante o silencio e a indiferenza da Xunta”

Mariñeiro.Xarda.Pescar (Fotografía propiedade de www.industriaspesqueras.com)Os socialistas galegos lamentan “a ruína total” para o sector do cerco derivada da publicación no BOE, o pasado 14 de agosto, do novo “plan de xestión da sardiña para os próximos tres anos”.

“Un plan no que novamente o Goberno do Estado tira por terra todas as expectativas do sector pesqueiro galego que pretendía consensuar un plan de xestión distinto, con topes de capturas e medidas de control, mentres a Xunta agocha a cabeza e cala”, afirmou hoxe en Comisión o portavoz de Pesca dos socialistas, José Ramón Val.

Este novo plan foi publicado como vén sendo habitual por parte do Goberno do Estado con nocturnidade e alevosía, ás portas dunha longa ponte festiva tratando que pasase totalmente desapercibido. “O Grupo Parlamentario Socialista xa ten alertado hai tempo das negativas consecuencias podería supoñer para o sector cando tan só era unha proposta”, asegura o deputado socialista.

O plan recolle un novo sistema de estimación de capturas máximas anuais baseándose nos niveis do stock no ano anterior. Cando a biomasa sexa inferior a 135.000 toneladas, o TAC será cero e prohibirase a pesca, cando a biomasa supere as 368.400 toneladas o TAC será de 86.000 toneladas, e por último, cando estea entre estes dous parámetros aplicarase unha fórmula matemática.

“A Xunta non atende unha vez máis as reivindicacións da asociación maioritaria do cerco, Acerga, o sector está desprotexido como xa pasou anteriormente no conflito da xarda”, engadiu Val.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar