O PSdeG lamenta a negativa do PP a pedirlle a Renfe que reduza o prezo da liña Vigo-Santiago pola reducción de quilómetros

O PSdeG lamenta a negativa do PP a pedirlle a Renfe que reduza o prezo da liña Vigo-Santiago pola reducción de quilómetros

O PSdeG lamenta a negativa do PP a pedirlle a Renfe que reduza o prezo da liña Vigo-Santiago pola reducción de quilómetros

Raúl Fernández sinala que a tarifa do bono mensual debe ser 15 euros mais barata polos cambios no trazado

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, lamentou a negativa do PP a unha iniciativa socialista para pedirlle a Renfe a redución da tarifa aplicada no tramo entre Vigo e Santiago. O portavoz socialista presentou esta iniciativa na Comisión de Infraestruturas, onde advertiu que os novos tramos postos en marcha dende 2008 supuxeron a redución da distancia deste servizos, o que debera provocar a redución das tarifas.

Fernández explicou que dito tramo pasou de 105 a 99 quilómetros, co que a tarifa debera pasar da escala aplicada aos tramos de mais de 100 quilómetros aos de 90 a 100 quilómetros, e lamentou que a propia Renfe non teña tomado esta decisión por iniciativa propia. En resume, explicou que a diferenza de prezo suporía por exemplo unha redución de 15 euros para os bonos mensuais dos usuarios deste tramo.

Criticou tamén a “pasividade e complicidade” demostrada pola administración, que eludiu dirixirse á operadora ferroviaria en defensa dos usuarios, co que “permita e tolera a preponderancia da empresa respecto do usuarios, ponse do lado do forte en prexuízo do débil e respalda o proceder abusón do concesionario fronte ás vítimas dos seus excesos”.

Fernández explica ademais que tiveron que ser os propios usuarios os que concorreran á Xunta Arbitral de Transportes da Dirección Xeral de Mobilidade para reclamar a devolución dos importes tarifados indebidamente, resolvendo a devolución de 700 euros aos particulares pola diferenza entre os quilómetros percorridos e os efectivamente cobrados.

Explica que os prezos son aplicados en función dun elemento obxectivo, como é a distancia comercial, e outro elemento subxectivo, como é o tipo de vía ou servizo prestado, o que “deixa vía libre á arbitrariedade e á indefensión dos usuarios, tal e como puxo de manifesto a Xunta Arbitral”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar