O PSdeG lamenta a falla de liderazgo da Xunta para resolver o problema de Alcoa

O PSdeG lamenta a falla de liderazgo da Xunta para resolver o problema de Alcoa

O PSdeG lamenta a falla de liderazgo da Xunta para resolver o problema de Alcoa

O PSdeG-PSOE lamenta “profundamente” as declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira Beatriz Mato, nas que “demostran a absoluta falta de liderado e de iniciativa do Goberno galego” para resolver a problemática de Alcoa e chegar a un acordo para a tarifa enerxética. Así o destaca o candidato socialista na Mariña José Ramón Val, “absolutamente sorprendido polo que xa parece unha burla e unha tomadura de pelo para a comarca”. Lembra que na etapa do goberno socialista “houbo unha negociación seria, ao máis alto nivel, na que como non podía ser doutro xeito participaron Touriño e Zapatero e sumaron forzas por Galicia” para acadar un acordo coas enerxéticas e Alcoa do que, ademais, conseguiron compromisos da fábrica para facer investimentos e manter a súa ubicación en San Cibrao.

“Falan de que a culpa é do déficit tarifario e do PSOE, cando é grazas ao PSOE e á unión da Xunta e o goberno central polo que a día de hoxe Alcoa segue a ser un piar básico na economía de Lugo”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou nunha entrevista que o ministro de Industria vai visitar a factoría para “coñecer o problema”, antes de resolver definitivamente a estrutura tarifaria. “É que aínda non o coñece?”, pregúntase José Ramón Val, quen destaca que “xa non é tempo para fotos de última hora e xestos para a galería en campaña electoral”, e advirte a Feijóo de que “non se atreva a xogar cos postos de traballo e a economía de moita xente que o que quere é unha solución inmediata ante unha situación grave, non unha representación teatral como a de Pemex”. Pola súa banda, Beatriz Mato afirma que “a solución non é competencia da Xunta” e que “o Goberno central é quen terá que tomar algún tipo de decisión”. Val considera “vergoñento que a estas alturas os responsables de gobernar Galicia sigan a tirar balóns fóra”.

Presenza do PSdeG-PSOE no Pleno da Deputación

Esta mañá a número un por Lugo, Concepción Burgo, e os candidatos José Ramón Val e Ismael Rego acudiron como público ao Pleno da Deputación de Lugo e acompañaron os traballadores do comité de empresa de Alcoa para darlles o seu respaldo o dia en que se aprobou unha declaración institucional consensuada pola Corporación para que o Goberno do PP presente antes do 5 de outubro unha solución ao problema que asegure a continuidade da fábrica e dos seus 2.000 empregos.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar