O PSdeG insta á Xunta a axilizar a devolución dos 150 millóns de euros cobrados irregularmente aos transportistas galegos polo céntimo sanitario

O PSdeG insta á Xunta a axilizar a devolución dos 150 millóns de euros cobrados irregularmente aos transportistas galegos polo céntimo sanitario

O PSdeG insta á Xunta a axilizar a devolución dos 150 millóns de euros cobrados irregularmente aos transportistas galegos polo céntimo sanitario

Raúl Fernández reclámalle ao goberno galego a que se dirixa ao goberno central e clarifique o procedemento de devolución

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, reclamoulle hoxe ao goberno galego que axilice a devolución os 150 millóns de euros cobrados irregularmente aos transportistas galegos a través do céntimo sanitario entre 2002 e 2012. Fernández presentou unha pregunta oral na Comisión de Infraestruturas do Parlamento na que reclamoulle á Xunta que clarifique o procedemento de devolución.

Fernández advertiu que un sector como o dos transportistas, especialmente maltratado pola crise, merece unha “resolución áxil” por parte do goberno galego, e advertiu que “si a competencia é do goberno central, debe impulsalo para que a devolución se produza de forma inminente”.

O deputado socialista presentou esta iniciativa logo da sentenza do Tribunal de Xustiza da UE, que decretou ilegal o coñecido como “céntimo sanitario”, implantado de forma irregular polo goberno central entre 2002 e 2012 e polas comunidades autónomas ata xaneiro de 2013, e obrigou á súa devolución.

Fernández lembra que de acordo coas empresas do sector, o goberno recadou de forma irregular en torno aos 150 millóns de euros. Este sector, sinalou, malia contar con 20.000 empregos directos en Galicia veu como desaparecían 2.000 empresas galegas nos últimos anos, gravemente danadas pola perda de competitividade derivada da crise económica e os recortes do goberno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar