Rolda de contactos para evitar "o retroceso de 30 anos" que supón a reforma da Lei de IVE

Rolda de contactos para evitar "o retroceso de 30 anos" que supón a reforma da Lei de IVE

Rolda de contactos para evitar "o retroceso de 30 anos" que supón a reforma da Lei de IVE

A secretaria de Igualdade do PSdeG, Laura Seara, e a portavoz desta área no Grupo Parlamentario dos Socialistas Galegos, Carmen Cajide, anunciaron hoxe o inicio dunha rolda de contactos con asociacións de mulleres, organizacións sanitarias, sindicatos e forzas políticas para evitar que o Goberno central modifique a actual Lei de Saúde Sexual e Reproductiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo; sen descartar as mobilización para evitar “un paso atrás desta magnitude”.

Así o afirmaron nunha rolda de prensa que Laura Seara iniciou lembrando as verbas de Simone Veil, ministra do goberno conservador francés, en 1974 para presentar o proxecto de despenalización do aborto a través dunha lei de prazos
“Isto amosa a dereita real do noso país, tremendamente distinta á europea, onde outros países xa contan dende hai anos cunha lei de prazos”, apuntou.

Seara destacou o paso adiante que supuxo a lei do 85, pero lembrou que non reduciu o número de embarazos non desexados entre adolescentes. “Durante os oito anos de goberno de Aznar houbo mais de medio millón de abortos en España, entón non había mobilizacións de bispos e de dirixentes do PP”, dixo.

Isto motivo que o Goberno socialista decidise poñer en marcha unha lei de prazos “que asegura equidade territorial na prestación deste servizo, incluído na sanidade pública, garante a seguridade xurídica ás mulleres e aos profesionais sanitarios, ademais de respectar o dereito a decidir da muller”.

Lembrou que esta lei acadou un amplo consenso parlamentario mentres que a reforma do Goberno do PP “é unha mostra da dereita mais rancia e hipócrita que mira para outro lado ante un tema tan serio e sensible como este”.

“Máis alá da cuestión moral, asumir a realidade é obriga de calquera goberno responsable”, afirmou Seara, polo que criticou que o Goberno do PP “demostra non só a súa irresponsabilidade, senón que quere que as mulleres retrocedan 30 anos e a xustiza dous séculos”.

Censurou que o Goberno do PP “prefira obviar que o 97 por cento de abortos que se practicaban antes da actual lei eran baixo o suposto da saúde psíquica, sen limitación temporal, e que dende que entrou en vigor a lei de prazos diminuíu por primeira vez o número de abortos en España”.

Seara lamentou por elo que o PP “utilice un tema tan serio e sensible como este como cortiña de fume para tapar os recortes que está a realizar” e preguntouse por que non esperan a que o TC resolva “o vergoñento recurso de inconstitucionalidade que presentaron cando estaban na oposición”.

Na mesma liña, Cajide adiantou que esixirá explicacións ao Goberno de Feijóo no Parlamento e lembrou que Feijóo “leva tres anos decostruíndo a igualdade e derrubando todo o camiño andado”.

Puxo como exemplo a drástica reducción do orzamento para políticas de igualdade, que pasou de 60 millóns de euros en 2009 a 13 millóns para o 2012, e lembrou que nos tres anos de Goberno de Feijóo “as accións para a igualdade sufriron un recorte do 79,5%”.

Mentres, o Goberno de Feijóo ven de presentar a Lei de Apoio á Muller Embarazada, “cuxo único obxectivo é subvencionar por lei a redes como a Red Madre, que se asemellan á sección feminina de Pilar Primo de Rivera”.

“Está claro que as políticas regresivas de Feijóo non funcionan”, sinalou a deputada, á vez lembrou que “nos dous últimos anos en España a interrupción voluntaria do embarazo reduciuse un 2,4 por cento mentres que en Galicia se incrementa un 77,3 por cento entre 2008 e 2010.

Nin igualdade nin emprego
Preguntada sobre os datos da EPA, Laura Seara lembrou que Feijóo fixo á súa chegada ao Goberno da Xunta un “contrato con Galicia” na que o primeiro punto eran a igualdade e o emprego. “Pois hoxe hai moita menos igualdade, mentres que en Galicia o paro subiu case o dobre que no resto de España e dende que el goberna hai case 80.000 parados e paradas mais”.

“Xa non vale a disculpa de botarlle a culpa a Zapatero, leva tres anos no Goberno de Galicia, que ten transferidas as políticas de emprego, así que ten que asumir a súa responsabilidade”, apuntou.

Criticou a súa política de “falsa austeridade” consistente en “levarse por diante as políticas sociais que son un dos piares xeneradores de emprego e incidiu en que a taxa de desemprego que mais subiu foi a das mulleres “que volven a ser as grandes prexudicadas”. A este respecto, Cajide reclamou a Feijóo “que presente o Plan de Emprego Feminino, tan cacareado e que non acaba de chegar ao Parlamento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar