O PSdeG INICIA MAÑÁ O PROCESO DE PRIMARIAS Á XUNTA, QUE REMATARÁ COA VOTACIÓN DA MILITANCIA O SÁBADO 28 DE MAIO

O PSdeG INICIA MAÑÁ O PROCESO DE PRIMARIAS Á XUNTA, QUE REMATARÁ COA VOTACIÓN DA MILITANCIA O SÁBADO 28 DE MAIO

O PSdeG INICIA MAÑÁ O PROCESO DE PRIMARIAS Á XUNTA, QUE REMATARÁ COA VOTACIÓN DA MILITANCIA O SÁBADO 28 DE MAIO

A presidenta da comisión xestora do PSdeG, Pilar Cancela, anunciou esta mañá o inicio do proceso de primarias para a elección do candidato ou candidata socialista á Xunta, que rematará o sábado 28 de maio coa votación da militancia para escoller a persoa “que sen dúbida protagonizará o cambio en Galicia”. Cancela resaltou o “cumprimento do compromiso de garantir un proceso aberto e democrático” do que sairá “un candidato ou candidata solvente e fortalecido polos votos da militancia”.

Unha vez coñecido que non haberá acordo de goberno en España, Cancela presentou “un calendario propio para o partido en Galicia” que botará a andar mañá mesmo, día 30 de abril, cun prazo de tres días para a presentación de precandidaturas, ata o 2 de maio. O 3 de maio será o anuncio das precandidaturas presentadas e abrirase un prazo de 11 días para a presentación de avais, do 3 ao 13 de maio.

O 14 de maio será a verificación de avais e proclamación provisional dos candidatos e candidatas e abrirase un prazo de recursos ata o 18 de maio, sendo o 19 de maio a proclamación definitiva das candidaturas. Posteriormente haberá unha campaña de información de oito días, do 20 ao 27 de maio. A xornada de votación na que se coñecerá o candidato ou candidata á Xunta será o sábado 28 de maio, unha elección que será proclamada oficialmente ao día seguinte, o 29 de maio.

Deste xeito, “o proceso de primarias non coincidirá coa campaña electoral das xerais e xa teremos cartel para Galicia antes desa campaña” afirmou Cancela, quen explicou que “a xestora permanecerá neutral como garante dun proceso aberto e democrático”, e pediu que “os compañeiros e compañeiras dispostos a dar un paso á fronte mostren desde mañá a súa vontade”.

“Non nos cabe dúbida de que deste proceso sairá un candidato ou candidata solvente, competente e fortalecido polos votos da militancia. Esta xestora e todo o partido estará detrás para traballar de inmediato para cambiar Galicia”, dixo a presidenta da xestora. “O PSdeG demostra unha vez máis que é o partido máis democrático de Galicia, fronte aos dirixentes do PP que falan de castings ou de búsqueda de candidatos porque están instalados no dedazo”, asegurou.

“Con esta decisión queremos recoller o sentir da maioría da militancia e incluso das resolucións dos comités provinciais que reclamaban que o proceso de primarias para a Xunta se producise canto antes”, explicou Cancela, que engadiu que “os procesos orgánicos terán outro calendario posterior ao Congreso federal do PSOE”, como recollen os estatutos do partido.

“Non debemos desviarnos do prioritario, que para nós é nestes momentos botar a andar este proceso de primarias xunto coa elaboración do noso programa electoral para as autonómicas, que xa está nunha fase moi avanzada, e seguir traballando para acadar un cambio de goberno liderado polo partido socialista, primeiro en España e despois en Galicia”, rematou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar