Impulso dunha proposta de acordo para conceder o máximo recoñecemento de Galicia a Díaz Pardo

Impulso dunha proposta de acordo para conceder o máximo recoñecemento de Galicia a Díaz Pardo

Impulso dunha proposta de acordo para conceder o máximo recoñecemento de Galicia a Díaz Pardo

O PSdeG-PSOE impulsará unha iniciativa tanto no eido político e parlamentario como social para acadar o máximo consenso para renderlle á figura do intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo “o maior recoñecemento posible e tódolos honores que merece un persoeiro do seu calado e a súa obra”.

Os socialistas galegos sinalan a traxectoria humana, política e cultural de Díaz Pardo, que o fixo acredor tanto da Medalla de Galicia no ano 2007 como da Medalla de Oro ao Mérito en Belas Artes. Apuntan que o pobo galego está hoxe de loito e comparte un fondo pesar pola perda dun intelectual que merece estar situado na memoria colectiva de Galicia xunto cos maiores referentes da identidade deste país.

Con Díaz Pardo falece o maior referente dos intelectuais galeguistas que loitaron polo Estatuto do 36 que permanecía en activo, e que nunca renunciou ás súas ideas sempre progresistas e sempre na defensa de Galicia na súa longa traxectoria e en tódalas súas manifestacións, tanto cultural como económica, social e política.

Figura clave no galeguismo dende o exilio, mantivo un perfil reivindicativo como defensor da democracia en Galicia e na transición ata as últimas consecuencias, constituíndo unha ponte coas ideas da galeguidade e da república que se volcaron nas institucións democráticas autonómicas.

Díaz Pardo soubo facer da cultura galega unha industria sen renunciar nunca aos seus valores culturais, construíndo con Sargadelos un referente industrial para transmitir a esencia do pobo galego, hoxe recoñecido en calquera parte de España como un valor de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar