O PSdeG impulsa a campaña 'Que non nos toquen a Lei' contra a "manipulación interesada" do PP no artigo sobre interrupción do embarazo en mulleres de 16 e 17 anos

O PSdeG impulsa a campaña 'Que non nos toquen a Lei' contra a "manipulación interesada" do PP no artigo sobre interrupción do embarazo en mulleres de 16 e 17 anos

O PSdeG impulsa a campaña 'Que non nos toquen a Lei' contra a "manipulación interesada" do PP no artigo sobre interrupción do embarazo en mulleres de 16 e 17 anos

A secretaria de Igualdade, Eva Martínez, explica que a Lei di que as rapazas deben informar aos seus pais ou titores coa excepcionalidade de que haxa “un conflito grave” no ámbito familiar, e lembra que o 90% das rapazas que toman esta decisión fano co coñecemento dos seus proxenitores

As secretarias de Igualdade do PSdeG e de Xuventudes Socialistas, Eva Martínez e Laura Requejo, presentaron esta mañá a campaña informativa “Que non nos toquen a Lei”, coa que os socialistas queren explicar o contido do artigo 13 da Lei de interrupción do embarazo, que se refire ás mulleres de 16 e 17 anos, e cuxo contido entenden “está a ser manipulado de xeito interesado” polo PP para reformalo, despois de ter que paralizar “a polémica e retrógrada contrarreforma que pretendía Gallardón”.

Eva Martínez, quen lembrou que a actual Lei impulsada polos socialistas é “froito do consenso e da opinión maioritaria das mulleres”, explicou que o artigo 13 recolle o dereito á interrupción voluntaria do embarazo ás mulleres de 16 e 17 anos pero “condicionado” a que “polo menos un dos representantes legais, pai ou nai, persoas con patria potestade ou titores deberá ser informado” desta decisión, tal e como recolle o texto.

Só hai unha excepción marcada pola lei, que se refire aos casos nos que unha muller desta idade “alegue fundadamente que isto lle provocará un conflito grave”, é dicir, nos casos nos que haxa “perigo certo de violencia intrafamiliar, ameazas, coaccións, malos tratos, ou se produza unha situación de desarraigamento ou desamparo”, unha situación da que debe informar ao profesional sanitario para que evalúe os riscos. “Gustaríanos saber cantas persoas razoables non apoiarían a excepcionalidade nestas situacións”, afirma Martínez, que alerta de que a supresión que pretende o PP levaría á “vulnerabilidade ou ao risco dun aborto clandestino” a moitas destas rapazas.

A socialista aportou ademais os datos dos centros privados de interrupción voluntaria do embarazo, onde se practican maioritariamente os abortos, e que amosan que “o 90% das mulleres de 16 e 17 anos que toman esta decisión informan ao seu pai, nai ou titor”, e lembrou que outros dereitos similares relativos á saúde tamén están garantidos nestas idades. Pola súa banda, Laura Requejo incidiu ademais desde Xuventudes na necesidade dunha “formación en saúde reprodutiva presente no sistema educativo, que xa non se está levando a cabo” e pediulle aos gobernos do PP “orzamento público para prevención sexual” a través da Estratexia de Saude Sexual e Reprodutiva” que contempla a Lei. “Non é digno dun gobernante democrático enganar aos cidadáns con críticas que son falsas”, asegura Requejo, que lles traslada a Rajoy e Feijóo que “non se goberna para a Igrexa, senón para os cidadáns” e que “non se pode converter en delito para todos o que só é pecadop para algúns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar