O PSdeG homenaxea hoxe, véspera do 25 de xullo, ás mulleres galegas, en especial ás que “están sendo expulsadas do mercado laboral”, cun tributo en Santiago a Rosalía de Castro

O PSdeG homenaxea hoxe, véspera do 25 de xullo, ás mulleres galegas, en especial ás que “están sendo expulsadas do mercado laboral”, cun tributo en Santiago a Rosalía de Castro

O PSdeG homenaxea hoxe, véspera do 25 de xullo, ás mulleres galegas, en especial ás que “están sendo expulsadas do mercado laboral”, cun tributo en Santiago a Rosalía de Castro

Mañá, día 25 de xullo, o PSdeG celebrará o Día de Galicia en Rianxo coa lectura dun manifesto co lema de “A Galicia do crecemento, do emprego e dos servizos públicos esenciais”.

Laura Seara, coordinadora de Política Institucional da Executiva galega, asegura que a única alternativa válida para a saída da crise é “apostar por incentivar o crecemento e pola creación de emprego”

A Secretaria de Coordinación Institucional e Participación da Executiva Nacional Galega, Laura Seara, explicou que o PSdeG-PSOE honrará hoxe as mulleres nun acto na Alameda de Santiago facendo un tributo a Rosalía de Castro, ao que representa a súa figura. Terá lugar as 18:00 horas, fronte a escultura de Rosalía. Con isto, os socialistas de Galicia queren render homenaxe “ás mulleres que peor o están pasando cos recortes, con esta crise; ás mulleres que están sendo expulsadas do mercado laboral e dos espazos de toma de decisión”.

A socialista Laura Seara, asegurou que a homenaxe vai dirixida tamén a “esas mulleres que despois dos recortes na Lei de Dependencia van ter que volver as súas casas a exercer o papel de coidadoras”. Lembrou que precisamente “foron as mulleres as que levantaron este sistema social moito antes de que houbera toda unha arquitectura promovida polos gobernos socialistas de atención as persoas que mais o necesitan. Hoxe en día o 93% das persoas coidadoras son mulleres”, explicou.

A Secretaria de Coordinación Institucional e Participación Cidadá asegurou que con estes actos, os socialistas queren facerlle “moito mais que un guiño as avoas, as nais, as tias, as traballadoras, as paradas, as amas de casa, as mulleres mozas que non atopan o seu primeiro traballo,as mulleres da cultura que están vendo como se esta reducindo o orzamento para que poidan vivir e traballar, as mulleres xornalistas, as do mar e as do campo”.

A socialista Laura Seara explicou que o PSdeG-PSOE ten que renderlle “esa homenaxe merecida a todas as mulleres porque son a metade da poboación”. Neste sentido, Seara recriminoulle ao goberno galego que “falar de igualdade non é so falar de xustiza social” e explicou que “falar de igualdade, e mais nun momento como este, é falar tamén de competitividade, de aproveitar a metade do talento do noso país, que se atopa en mans das mulleres, algo que a dereita nunca entendeu”.

“Os socialistas pensamos que despois de todo o acontecido, a dereita xa tería todo isto algo mais asimilado, pero vemos que seguen sen entender realmente o que lle está pasando as mulleres do noso país”, sentenciou Seara.

Por outra parte, mañá, día 25 de xullo, os socialistas celebrarán o Día de Galicia en Rianxo coa lectura dun manifesto que nesta ocasión leva o lema de “A Galicia do crecemento, do emprego e dos servizos públicos esenciais”. A Secretaria de Coordinación Institucional e Participación asegura que a única alternativa valida para a saída da crise e “sen dúbida ningunha apostar por incentivar o crecemento, pola creación de emprego” e que mentres isto non se produza “non daremos saído da recesión na que nos meteron Rajoy e Feijoo”, rematou.

Os socialistas entenden tamén estes días como “días de reivindicación”. “Son dúas datas simbólicas para os galegos e galegas, pero o mesmo tempo son días para poñerlle voz a esas miles de persoas que neste momento están desesperados pola situación que están a vivir”, aclarou Laura Seara.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar