O PSdeG fai un chamamento ao compromiso da sociedade e as institucións na loita contra a violencia de xénero

O PSdeG fai un chamamento ao compromiso da sociedade e as institucións na loita contra a violencia de xénero

O PSdeG fai un chamamento ao compromiso da sociedade e as institucións na loita contra a violencia de xénero

A secretaria de Igualdade, Movementos Sociais e Emigración do PSdeG, Laura Seara, fixo hoxe un chamamento ao compromiso da sociedade e as institucións na loita contra a violencia de xénero.

Con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, que se conmemora mañá día 25 de novembro, Seara destaca que “só a mobilización e concienciación cidadá e o compromiso de gobernos e institucións pode facer fronte a unha inmensa crueldade como a violencia de xénero, que produce dolor, medo e morte, e que afecta tanto ás mulleres vítimas como aos menores que a padecen, e a todo o seu entorno”.

Por elo, Seara fixo un chamamento a “cada persoa, familia, institución e comunidade, para que poñan todo o seu esforzo en erradicar a violencia de xénero”.

Destacou o “claro compromiso” amosado polo PSOE, coa aprobación da Lei contra a Violencia de Xénero, a primeira normativa legal aprobada en decembro de 2004, que dotou a ministerios, comunidades autónomas, concellos e asociacións, dos recursos tanto legais como económicos para a protección integral das vítimas e dos menores ao seu cargo.

“Grazas a esta lei do goberno socialista, centos de miles de mulleres puideron ser atendidas, protexidas e salvadas do cerco de violencia e terror ao que estaban sometidas xunto aos seus fillos e fillas”, subliñou Seara.

Pola contra, lamentou os recortes que gobernos como o de Feijóo están a realizar en políticas sociais e igualdade. “Os recortes indiscriminados que está a aplicar o PP demostran a súa falla de compromiso na defensa da igualdade e na loita contra a violencia de xénero; un compromiso que debe pasar por situar a sensibilización e a formación contra a violencia de xénero e a loita pola súa erradicación nas prioridades da axenda política”.

“A integridade das mulleres e dos menores vítimas da violencia de xénero debe estar garantida, e non valen escusas nin recortes nesta materia. Non podemos nin debemos consentilo”, remachou a socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar