O PSdeG estará entre os pioneiros en ter o .gal na súa dirección web o 25 de xullo

O PSdeG estará entre os pioneiros en ter o .gal na súa dirección web o 25 de xullo

O PSdeG estará entre os pioneiros en ter o .gal na súa dirección web o 25 de xullo

A dirección www.psdeg-psoe.gal estará activa a partir deste venres 25 de xullo, Día de Galicia

A asociación puntoGal presentou esta mañá os seleccionados do seu Programa Pioneiros, no que se atopan as 93 primeiras direccións de entre as entidades que solicitaron o uso do dominio .gal, entre elas o PSdeG. Así, desde este venres 25 de xullo estará activa a dirección www.psdeg-psoe.gal.

O partido dos socialistas de Galicia apostou por entrar no novo dominio desde a súa primeira fase, como pioneiro, polo significado e trascendencia que terá para a sociedade e a lingua galega dentro de internet.

Os socialistas galegos solicitaron asimesmo o uso da dirección socialistas.gal, que estará activa nun breve espazo de tempo aínda que non desde o día 25 por razóns técnicas, ao entrar este dominio na lista da Corporación de Internet para a Asionación de Nomes e Números (Icann), que debe establecer medidas especiais para determinados nomes máis xenéricos coa fin de evitar confusións na rede.

Podes consultar aquí a lista de direccións .gal que estarán activas desde o 25 de xullo

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar