O PSdeG esíxelle ao Goberno galego un Plan de Emprego de consenso que garanta a creación de traballo e a estabilidade laboral

O PSdeG esíxelle ao Goberno galego un Plan de Emprego de consenso que garanta a creación de traballo e a estabilidade laboral

O PSdeG esíxelle ao Goberno galego un Plan de Emprego de consenso que garanta a creación de traballo e a estabilidade laboral

María Quintas presenta unha moción para recuperar o investimento en políticas activas de emprego e reforzar o Servizo Público de Emprego

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, esíxelle ao goberno galego que presente un Plan de Emprego consensuado con empresarios e sindicatos para garantir a creación de traballo e a estabilidade laboral. A responsable socialista presentará unha moción no próximo Pleno do Parlamento na que lle reclama ao goberno galego que recupere o investimento en emprego a niveis de 2009.

Os socialistas galegos reclámanlle á Xunta que potencie os acordos marco “que poñan en valor a calidade do emprego, evitando o encadeamento de contratos temporais e fomentando a estabilidade laboral”, logo de que a EPA evidenciara que o 91 por cento dos contratos son temporais. Ademais insta a reforzar o Servizo Público de emprego “potenciando a orientación laboral e incrementando o persoal promotor e orientador”.

Quintas esíxelle ao goberno galego que “abandone o desleixo” e tome medidas para afrontar uns niveis de paro “históricos” con 280.000 parados, 130.000 dos cales, o 47 por cento do total, que non perciben “ningunha prestación”, fronte a 12.000 que perciben a renda de inserción. A realidade, dixo, é que 64.000 persoas desempregadas teñen que vivir con 426 euros ao mes e outras 83.000 reciben 797 euros de media.

Os socialistas galegos reclamarán ademais a derrogación dunha reforma laboral “que precariza o emprego e abarata os despedimentos e os salarios” e queren que o PP se pronuncie fronte a unha lexislación que “lonxe de mellorar a situación económica de España está afundindo as economías domésticas e impedindo a reactivación económica”.

Por este motivo, reclaman que o goberno galego recupere o investimento dedicado ás políticas activas de emprego do ano 2009, “mantendo unha actitude esixente respecto dos fondos a recibir por parte do goberno central”.

Modelo social

Quintas advertiu que o PP está a aproveitar a crise económica para “cambiar o modelo social” dinamitando os servizos públicos para facilitar a entrada da empresa privada, mentres “4.000 empresas pecharon e máis de 130.000 mozos e mozas emigraron nos últimos cinco anos”.

A deputada socialista sinala que ao goberno galego “non lle interesan os parados”, e explica que “a ideoloxía privatizadora e a intención da dereita de rebaixar salarios e prestacións provoca desolación e máis de 100.000 fogares galegos con todos os seus membros en situación de desemprego”.

Na súa iniciativa reclama así incrementar a formación profesional para o emprego ata os niveis dos países de referencia “como canle de adquisición de coñecementos, habilidades e destrezas axeitados ao traballo”, así como facilitar a capacitación necesaria en competencias clave a persoas demandantes e recuperar o salario galego de inserción.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar