O PSdeG esíxelle á Xunta que recupere o investimento en I+D do goberno socialista

O PSdeG esíxelle á Xunta que recupere o investimento en I+D do goberno socialista

O PSdeG esíxelle á Xunta que recupere o investimento en I+D do goberno socialista

O portavoz de Industria e I+D do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamoulle ao goberno galego a recuperación do investimento en I+D para poder chegar “cando menos no ano 2017 aos niveis de financiamento do goberno socialista en 2009”. Para acadar este obxectivo, explicou, será necesario que o investimento aumente un 50 por cento mais que o incremento do PIB.

O responsable socialista presentou unha moción que será debatida no próximo Pleno do Parlamento na que reclama este incremento do esforzo público en I+D+i, ademais da eliminación da taxa de reposición de de emprego público no sector. Ademais, reclama que o Parlamento avale as reivindicacións do colectivo Carta pola Ciencia” e lembrou que cada ano de recortes pode supor “décadas de atraso” nun sector como o do I+D.

Esta é a consecuencia de que, con Feijóo, o orzamento destinado a I+D pasara de supor o 1,04 por cento ao 0,87 por cento do PIB, ademais de que mentres en 2008 executábase mais do 80 por cento dun total de 127 millóns de euros, en 2013 tan só se executou o 75 por cento de 90 millóns de euros. De acordo co INE, mentres en España o gasto destinado a I+D+i baixou un 5,3 por cento, en Galicia diminuíu un 7,3 por cento.

Abel Losada presentou unha moción dirixida a recuperar o nivel de desenvolvemento industrial de Galicia logo do “desastre” encetado polo goberno de Feijóo, que provocou a perda de 50.000 empregos en só seis anos. Ademais, Galicia foi a Comunidade Autónoma que mais diminuíu o seu Índice de Produción Industrial, de acordo cos datos de setembro, que evidencian que Galicia descendeu un 2,3 por cento, seis puntos mais que o resto de España, onde aumentou un 3,6 por cento.

Así, reclámalle ao goberno galego que traslade ao Parlamento a Axenda para a Industrialización de Galicia para abrila ás aportacións dos grupos parlamentarios, ademais de desenvolver un Programa de Calidade Social e Laboral da empresa Galega, que inclúa a mellora da contratación e garantías de mellora das condicións laborais nas empresas que concorran a concurso de axudas públicas.

Tamén reclamou que o goberno galego desenvolva o Programa de Racionailzación do Financiamento Empresarial antes do inicio do próximo período de sesións, así como o desenvolvemento dun Programa de Sostibilidade Enerxética para Empresas e Familias, con liñas de apoio ao autoconsumo eléctrico e un plan de desenvolvemento da enerxía procedente da biomasa.

Losada quere que o goberno galego defenda diante do Executivo central a necesidade de encetar políticas expansivas de crecemento para recuperar a demanda agregada e así reactivar a economía e a creación de emprego. Tamén advirte da urxencia de que o BCE incremente o diñeiro en circulación para “favorecer a dilución da débeda, a depreciación do euro e o incremento das exportacións”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar