O PSdeG esíxelle a Feijóo que retire o catálogo de medicamentos

O PSdeG esíxelle a Feijóo que retire o catálogo de medicamentos

O PSdeG esíxelle a Feijóo que retire o catálogo de medicamentos

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, preguntoulle a Feijóo se pensa que a admisión a trámite do TSXG do recurso da Federación de Farmacias de Galicia contra o catálogo de medicamentos “forma parte da confabulación mundial contra Galicia” ou si é capaz de recoñecer a ilegalidade deste catálogo. Lembrou que esta admisión súmase ao informe do Consello do Estado que detectou elementos de inconstitucionalidade no mesmo catálogo e que motivará un recurso ante o TC por parte do Goberno de España.

O responsable de Sanidade do PSdeG lembrou que o catálogo da Xunta discrimina aos galegos e galegas, ao reducirlle o acceso a 427 fármacos que si poden prescribirse no resto do Estado.

“O rexeitamento que está a provocar o catálogo galego en todos os sectores relacionados coa prestación farmacéutica, entre eles os médicos e colexios farmacéuticos; máis a presentación de ambos recursos, deberían facer recapacitar ao Goberno galego”, reflexionou Fernández.

Por elo, pediu a Feijóo “que poña os pés na terra” e que “pense nos galegos e galegas e defenda os seus dereitos, para que teñan as mesmas prestacións farmacéuticas que o resto das comunidades”.

Fernández esixiu a Feijóo que retire o catálogo “para que non sexan os tribunais os que lle obriguen a facelo” e lamentou que “teñan que ser os tribunais ou o Goberno central os que restitúan os dereitos que o propio Goberno galego lle quita aos seus cidadáns”.

Por último, recomendou a Feijóo e á conselleira de Sanidade que “traballen no ámbito da prescripción por principio activo” como xeito de conseguir “un verdadeiro aforro no gasto sanitario sen vulnerar os dereitos dos cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar