O PSdeG esixe unha normativa para regular o transporte marítimo de persoas en todas as rías de Galicia

O PSdeG esixe unha normativa para regular o transporte marítimo de persoas en todas as rías de Galicia

O PSdeG esixe unha normativa para regular o transporte marítimo de persoas en todas as rías de Galicia

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal interveu  no Pleno do Parlamento para amosar a postura do PSdeG-PSOE sobre a restitución do caracter publico da titularidade da Xunta ao servicio de transporte marítimo de persoas na ría de Vigo. Alí denunciou o “pasotismo institucional e a inacción” do Goberno de Feijoo neste asunto. E aseverou que a Xunta “non fai caso nin sequera dos seus propios documentos”, en alusión a proposta da redacción dun proxecto de Lei.

López Vidal reclamou regular o transporte de tódalas rías de Galicia dende a concesión dun servicio publico. Lembrou ademais que Feijoo incumpriu o acordo plenario do 21 de outubro de 2010 sobre este tema.

O deputado criticou as constantes promesas do Conselleiro de Territorio e Infraestructuras, xunto coa propaganda mediatica que contiña mais de 20.000 folletos e 2.000 carteis,  pero a día de hoxe de tódalas promesas anunciadas “non hai nada feito”.

Sinala ademais que o transporte na Ría de Vigo “é barata e menos contaminante e contribúe a liberar vehículos das estradas”.

Así as cousas afirma que nestes anos de Goberno de Feijoo o Goberno de Feijoo foi incapaz de acordar ou negociar cos concellos de Vigo, Cangas e Moaña sobre o transporte na Ria. Replica que a Xunta “é neglixente ata para contar os visitantes das illas Cíes”.

O parlamentario socialista afirma que os usuarios deste transporte demandan un transporte publico, estable, con frecuencias horarias, itinerarios e unha mellor comodidade dos barcos, dos embarques e dos aparcamentos.

A maiores argumenta que é preciso impulsar medios de transporte eficaces, sostibles e de calidade para vertebrar e conectar o territorio e as persoas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar