O PSdeG esixe unha Deputación Permanente de urxencia para que o Goberno explique temas de gran prioridade para os galegos

O PSdeG esixe unha Deputación Permanente de urxencia para que o Goberno explique temas de gran prioridade para os galegos

O PSdeG esixe unha Deputación Permanente de urxencia para que o Goberno explique temas de gran prioridade para os galegos

Esixen a Feijóo detalles do proceso de venda e garantías sobre a venda de Novagalicia Banco a BANESCO

Piden que Rueda aclare a posición respecto da reforma local que finalmente si apoiaron en Madrid e que pon en risco a prestación de servizos de proximidade

O portavoz, Méndez Romeu, anunciou tamén a solicitude de comparecencia de Conde pola suba da tarifa eléctrica

Demandan da conselleira de Sanidade que dea conta dos motivos polos que non recibe aos promotores da ILP que reclama Hemodinámica e Radioterapia para o HULA, avalada por 43.000 sinaturas

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, ven de anunciar a solicitude da reunión, de urxencia, no mes de xaneiro, da Deputación Permanente a fin de que compareza o Presidente da Xunta, Núñez Feijóo, para dar conta da participación da Xunta e a posición do Goberno galego respecto da venta de Novagalicia Banco ao grupo venezolano BANESCO.

Os socialistas recriminan o silencio do titular do Executivo logo da locuacidade con que se expresaba antes de que se pechara a venda de xeito definitivo. O PSdeG esixirá de Núñez Feijóo que explique quen vai pagar a diferenza entre os 9.000 millóns de euros públicos que se empregaron no saneamento da entidade e os 1.000 que pagou a entidade venezolana.

Requirirán unha explicación do Presidente galego pola precipitación por liquidar o sistema financeiro galego, non deixando transcorrer os prazos da UE para efectuar a venda e sobre cales son as garantías e os termos en que se pechou a venta. Demandan ademais explicacións sobre as condicións en que deixa a nova situación do banco aos preferentistas.

Os socialistas tamén queren que compareza o conselleiro de Presidencia e vicepresidente do Goberno, Alfonso Rueda, para dar conta de cómo se vai aplicar a Lei de racionalización e sostibilidade da Administración Local. Critican desde o PSdeG que os populares defendan unha cousa de cara a galería, e critiquen diante dos alcaldes a reforma pero logo en Madrid votan favorablemente. “De feito xa existen varios precedentes, non hai moito co dique flotante de Ferrol”, recordou Méndez.

Esixen que Rueda explique en sede parlamentaria aos alcaldes e aos usuarios a perda de competencias locais, como no coso dos servizos sociais, que recaerán nas deputacións como paso previo á súa privatización, provocando a desaparición do servizo de proximidade e de moitos empregos.
Esperan tamén do conselleiro que remita aos concellos unha mensaxe de diálogo respecto ao canon de SOGAMA, e non as bravatas e ameazas que ata o de agora ven ofrecendo o Goberno.

Os socialistas requiren tamén o presidente Feijóo concrete a posición do Goberno galego respecto da reforma da actual Lei de saúde sexual e reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo, anunciada polo ministro Gallardón. Esixen que precise si a Xunta está a favor ou en contra do que o PSdeG define como un claro ataque aos dereitos das mulleres e un retroceso enorme no camiño da igualdade entre as persoas por cuestión de xénero.

O PSdeG-PSOE solicitou tamén da deputación Permanente que se tramite coa maior brevidade posible a comparecencia do conselleiro de Economía e Industria. Requiren a presenza de Conde na cámara para dar conta da posición do Goberno galego en relación co incremento das tarifas eléctricas, tanto a particulares como a empresas.

Os socialistas esixen unha resposta da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, pola súa negativa a recibir a unha representación do colectivo impulsor da Iniciativa Lexislativa Popular que reclama Hemodinámica, servizo de Medicina Nuclear e Radioterapia no Hospital de Lugo, HULA.

Preguntan polos motivos de Rocío Mosquera para non atender unha solicitude de entrevista que van avalada por 43.000 sinaturas, tal e como quedou constatado no rexistro da ILP o pasado venres no Parlamento de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar