O PSdeG esixe unha asemblea de alcaldes que pida a devolución do proxecto de lei da Reforma Local

O PSdeG esixe unha asemblea de alcaldes que pida a devolución do proxecto de lei da Reforma Local

O PSdeG esixe unha asemblea de alcaldes que pida a devolución do proxecto de lei da Reforma Local

O responsable da área de Política Municipal da Executiva do PSdeG-PSOE, Carlos Fernández, ven de esixir, en rolda de prensa, a convocatoria, nos vindeiros quince días, dunha Asemblea de Alcaldes para fixar unha postura común respecto do proxecto de lei de Reforma Local do Goberno de Rajoy.

 

O dirixente socialista manifestou o “rexeitamento total” da súa formación política ao texto que pretende tramitar o Executivo do Estado e que, a xuízo dos socialistas, “agocha baixo del unha voadura controlada do municipalismo”. Fernández reitera a petición socialista de “devolver ao curro a este touro” xa que logo de 10 modificacións, o PP mantivo vixentes nel os mesmos principios que promoven esta reforma.

 

O responsable de Política Municipal dos socialistas galegos remitiuse ao ditame do Consello de Estado, que cualificou o contido do proxecto como “un ataque frontal ao municipalismo” e reprochou aos populares que non tomen en consideración a este órgano consultivo.

 

Respecto á Asemblea de Alcaldes que se autoconvocou para debater sobre este asunto e logo trasladar as conclusións á dirección da Fegamp, Fernández manifestou a coincidencia do PSdeG coas críticas á Reforma Local e as demandas deste grupo.

 

Os socialistas saúdan, “aínda que chegue algo tarde”, o posiciónamento feito público polo Presidente da Fegamp, José Manuel Rey Varela, logo de que a Xunta de voceiros se reunira coa Asamblea de Alcaldes. “Fixo da necesidade virtude”, engadiu Carlos Fernández, que agarda que a manifestada por Rey sexa “unha posición firme” . Recriminou ao Presidente da Fegamp que tivera lamentado posicións partidarias, xa que o mesmo Rey Varela “estivo poñendo sordina” á protesta dos alcaldes.

 

Desde a experiencia de ter sido o seu Presidente, Fernández Castro salientou a capacidade institucional do organismo municipalista, onde se integran os 314 concellos e as catro deputacións, a Fegamp posúe voz na FEMP e habería que engadir a capacidade de influencia no PP do seu presidente. Si Rey emprega todos estes mecanismos para a defensa da autonomía local e para provocar a devolución do proxecto de Reforma Local “o municipalismo permanecerá unido”, afirmou o dirixente socialista.

 

A Fegamp debe pedir a devolución do texto lexislativo e comezar a redacción o doutro novo, insistiu Fernández, xa que de prosperar o actual, desaparecerían na práctica os concellos de menos de 20.000 habitantes e quedaría moi mermada a autonomía local dos de máis de esta cantidade. “Sería a acta de defunción do municipalismo”, afirmou.

 

Salienta o afán privatizador que oculta o Partido Popular tras o proxecto de lei, e que se evidencia, segundo Fernández, no feito de que as empresas concesionarias de servizos están a cambiar os obxectos sociais para adaptar á que esperan sexa unha pronta privatización dos servizos que, en primeiro lugar pasarán a mans das deputacións para logo ser privatizados.

 

32641281A

Deixar a resposta

Pechar