O PSDEG esixe un plan de residuos que faga de Sogama “un modelo de xestión sostible ambientalmente e residual” respecto de novas plantas de reciclaxe e valoración

O PSDEG esixe un plan de residuos que faga de Sogama “un modelo de xestión sostible ambientalmente e residual” respecto de novas plantas de reciclaxe e valoración

O PSDEG esixe un plan de residuos que faga de Sogama “un modelo de xestión sostible ambientalmente e residual” respecto de novas plantas de reciclaxe e valoración

patrcia vilanA portavoz de Medio Ambiente dos socialistas galegos, Patricia Vilán, demandou hoxe no Parlamento un novo plan de xestión dos residuos urbanos que faga de Sogama “un modelo de xestión sostible ambientalmente e residual” respecto de novas plantas de reciclaxe, separación e valoración.
“A Directiva 2008/98/CE establece unha xerarquía na xestión de residuos e o ex-comisario de Medio Ambiente da Comisión Europea manifestaba a súa intención de conquerir en materia de residuos, para 2020, menos xeración, máximos niveis de reciclaxe, e unha incineración limitada a materiais non reutilizables nin reciclables e a eliminación dos vertedoiros”, afirmou Vilán.
En opinión dos socialistas, “o goberno do PP ten un plan de residuos que se escapa destes fins e Galicia necesita un cambio, así o din todos os expertos, xa que é necesaria unha xestión máis próxima ao lugar da súa xeración e crear plantas de reciclaxe, separación e valorización do residuo anexas e nos lugares axeitados”. “Plantexamos unha alternativa global, para toda Galicia, xa que a xestión dos residuos urbanos é competencia autonómica”, apuntou.
“É necesario que so o rexeito sexa tratado en Sogama para reducir os custes do tratamento e, polo tanto, tamén o canon, e son necesarias solucións ambientais en varias fases, todo isto xestionado de maneira global, previa análise, informes técnicos e diálogo cos concellos e transparencia incluídos”, dixo.
Vilán sostén que “todo isto xeraría menor volume de rexeito e, así, Sogama axustaríase á súa capacidade de tratamento e tamén se reduciría ao mínimo, como di a Directiva comunitaria de 2011, o depósito no vertedoiro de Areosa”.
“O goberno da Xunta debería plantexarse que resulta máis caro, ampliar Sogama ou implicar ás entidades locais nunha inversión en plantas de reciclaxe e valorización do residuo de cercanía, tendo en conta tamén a xeración de emprego en todo o territorio”, engadiu a deputada socialista.
No debate da proposición non de lei, falouse da planta de tratamento e xestión de residuos que PP e BNG proxectan en Pontevedra, e que a formación nacionalista recoñeceu como unha alternativa a Sogama. “Non sei como pactan algo distinto a Sogama se, como di o PP, Sogama é o máis barato do Estado, e o propio PXRUG 2010-2020 prevé esta planta como parte do Complexo de Tratamento de Residuos Urbanos do Sur”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar