O PSdeG esixe solucións ante a dramática situación do pequeno comercio de Verín, Tui e Vigo afectados polas telepeaxes

O PSdeG esixe solucións ante a dramática situación do pequeno comercio de Verín, Tui e Vigo afectados polas telepeaxes

O PSdeG esixe solucións ante a dramática situación do pequeno comercio de Verín, Tui e Vigo afectados polas telepeaxes

O deputado ourensán do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco Rivera interveu na Comisión 2ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre as medidas que esta a levar a cabo o Goberno de Feijoo, para protexer os intereses dos cidadáns galegos diante das telepeaxes implantadas polo Goberno portugués na autoestrada A-24, entre Verin e Chaves.

O deputado socialista esixiu solucións inmediatas, ante a situación dramática que vive o pequeno comercio nas comarcas de Tui, Vigo e Verin. E reclamou ao Goberno de Feijoo e ao Ministerio de Fomento datas e prazos concretos para atopar unha saída a este problema.

Juan Carlos Francisco Rivera empraza ao Goberno da Xunta “a deixar de vender slogans”, nese senso pediulle que “presente as medidas e os acordos que realizou co Ministerio de Fomento e o Goberno portugués, e que prazos ten para executalo”.

Explicou que a principios de decembro do 2011, Portugal implantaba na Rexión Norte, dun xeito efectivo, un sistema de telepeaxe polo uso das autopistas e autovías dese país. Advirte que a implantación de telepeaxes está a causar serios problemas aos cidadáns galegos e galegas dada a dificultade operativa e a falla de información para facerse cos dispositivos para transitar polas vías de pago portuguesas.

Asegura tamén que a implantación destes mecanismos ocasiona unha quebra de moitos dos negocios que se sitúan a ambos dous lados da fronteira.

A maiores aludiu aos estudos feitos polo Eixo Atlantico, que xa “teñen acreditado unha diminución de máis de 9.000 vehículos diarios (entre Porto-Vigo), unha caída das exportacións e un desprazamento as estradas nacionais portuguesas do máis do 90 % do intercambio de mercancías”.

Sinala ademais que esta realidade “é máis dramática no ámbito da Euricidade Chaves – Verín, onde xa os axentes sociais, económicos e mesmamente políticos de Verín e Chaves, teñen apuntado datos francamente preocupantes no ámbito dos intercambios económicos e turísticos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar