O PSdeG esixe responsabilidades políticas inmediatas tras a “violencia verbal” e o “machismo insoportable” do PP coas declaracións de Margallo, que suman ás denuncias presentadas esta mañá na comisión de Igualdade

O PSdeG esixe responsabilidades políticas inmediatas tras a “violencia verbal” e o “machismo insoportable” do PP coas declaracións de Margallo, que suman ás denuncias presentadas esta mañá na comisión de Igualdade

O PSdeG esixe responsabilidades políticas inmediatas tras a “violencia verbal” e o “machismo insoportable” do PP coas declaracións de Margallo, que suman ás denuncias presentadas esta mañá na comisión de Igualdade

“Se quere levarse á miña muller, o mínimo é falalo”, espetou o ministro no que os socialistas consideran “unha burla continua ao grave problema de desigualdade e violencia sobre as mulleres”

As responsables de Igualdade da Executiva galega e o Grupo Parlamentario Socialista, Eva Martínez e Carmen Acuña, esixen “responsabilidades políticas inmediatas” tras a “violencia verbal” e o “machismo insoportable” dos responsables do PP, que “incumpren sistematicamente a Lei de Igualdade aprobada polo goberno socialista” e “xa nin se molestan en disimular e poñer a careta, nunha burla continua ao grave problema de desigualdade e violencia sobre as mulleres”.

Así, os socialistas engaden ás denuncias presentadas esta mesma mañá por Acuña na comisión de Igualdade do Parlamento as verbas pronunciadas hoxe mesmo polo ministro Margallo: “Se me di que o convide a comer, convídoo. Se quere levarse á miña muller, como mínimo falalo”, espetou Margallo en referencia á consulta de Cataluña. Segundo o PSdeG, “este vocabulario extremadamente machista, que representa as mulleres como obxectos en posesión do seu marido, é inaceptable e supón unha mostra máis da irresponsabilidade e o xeito de pensar de todo un partido”.

Esta mesma mañá, Acuña advertía no Parlamento das consecuencias do decreto do PP que rematou coa universalidade na atención sanitaria nos casos de violencia de xénero, ademais de pedirlle unha valoración á Consellería de Sanidade sobre o indulto concedido por Gallardón a un garda civil que gravou unha agresión sexual, sen obter resposta. Todo isto súmase tamén ás declaracións de Arias Cañete durante a campaña das eleccións europeas.

“Xa basta de que as mulleres do PP, e do PPdeG, garden silencio ante unha situación escandalosa”, din as socialistas, ás que non lles sorprende esta actitude “vendo por exemplo o tratamento que lle dá o PPdeG ás mulleres incluso na toma de decisións antidemocráticas cos seus cargos, xa que no esperpento de Santiago foron ao número 25 da lista para atopar alguén que consideraron válido para a alcaldía, tendo unha muller como tenente de alcalde e deputadas en postos superiores na lista”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar